Primeira República Galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Primeira República Galega

1931

Bandeira

Himno: Os Pinos
Localización da Primeira República Galega.
Capital Santiago de Compostela
Lingua Galego
Goberno República
Presidente Alonso Ríos
Lexislatura Xunta Revolucionaria da República Galega
Historia
 • Establecido 1931
 • Disolución 1931
Placa de homenaxe a Alonso Ríos, que exerceu de maneira provisoria e simbólica como presidente de Galiza.

A Primeira República Galega foi unha pasaxe efémera da historia de Galiza que durou unhas horas e tivo lugar exactamente no transcurso do 27 de xuño de 1931, un día antes das eleccións ás Cortes Constituíntes da II República Española, cando activistas composteláns como Pedro Campos Couceiro ou Alonso Ríos declararon que a solución para os problemas de Galiza non pasaba por integrarse nunha República Española senón por optar pola creación da I República Galega.

Acontecementos[editar | editar a fonte]

Unha primeira proclamación tivo lugar en Ourense na madrugada 25 de xuño de 1931, ao remate dunha manifestación en protesta pola paralización das obras da vía férrea A Coruña-Ourense-Zamora, na que se acabou ocupando a Casa do Concello, dende a cal se ergueu unha bandeira de Galicia e se proclamou publicamente a República Galega[1][2][3][4]. Así a todo, o gobernador civil da provincia de Ourense e o Ministro da Gobernación Miguel Maura negaron oficialmente ante a prensa que se producise a devandita proclamación[5][6][7][8].

Proclamación en Santiago[editar | editar a fonte]

No pleno municipal do día anterior, a proposta da creación inmediata dun Estado Galego á semellanza do que pasara en Cataluña fora posta sobre a mesa, e contaba co apoio dos obreiros composteláns. Ao rematar o mitin o concello compostelán é asaltado, dimitindo inmediatamente todas as autoridades, e sendo Alonso Ríos, que exercía practicamente como o presidente provisorio da Galiza, presidente da Xunta Revolucionaria da República Galega. Finalmente, a falta de seguimento da proclamación noutras comarcas, logrou o cese da Xunta Revolucionaria en poucas horas.
Asociación Cultural Foucelhas[9]

O contexto no que se enmarca esta declaración é tenso, coa recente vitoria republicana e a fuxida do rei español Afonso XIII. Así, a declaración dun Estado Galego veu propiciada por un ambiente de malestar xerado polo caciquismo imperante e mais pola paralización das obras do ferrocarril, deixando sen traballo a 12.000 obreiros. Con todo e iso, en verdade soamente se debe entender esta declaración de independencia como unha proclama sen efectos reais.

A actitude morna e submisa de ORGA e Casares Quiroga, xa integrada en Izquierda Republicana, enfriaran este empurrón inicial tan necesario e importante, pra acadar un estatuto galego e unha república federal. A unidade dos grupos nacionalistas no Partido Galeguista permitiran darlle un novo pulo á problemática nacional galega, que o levantamento militar afogará en sangue máis unha vez.
Alonso Ríos, a paixón por Galiza, por Manuel Mera.[10]

Ese 27 de xuño de 1931, Alonso Ríos é nomeado presidente da Xunta Revolucionaria da República Galega[11]. Así, pode falarse desta declaración de independencia como un dos primeiros exemplos reais de soberanía nacional unha vez integrada plenamente Galiza na coroa castelá.

Movemento social[editar | editar a fonte]

Foi Alonso Ríos, nomeado presidente da Xunta Revolucionaria da República Galega, e unha multitude quen avanzou en forma de protesta, cara o Pazo de Raxoi, e tomou as dependencias municipais, establecendo o Estado Galego. En Pobra de Seabra celebrouse unha manifestación que recorreu todas as rúas dirixíndose cara o Concello, onde izaron a bandeira galega. En Santiago de Compostela, os afectos á causa esperaban a insurrección das demais comarcas, pero o goberno central reanudou a obra do ferrocarril, evitando que a insurrección se expandira. O movemento, perdeu forza e a I República Galega chegou así, ao seu fin.[12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Se organiza una manifestación. Se proclama la República Gallega" (en castelán). El Pueblo Gallego nº 2.254. 26 de xuño de 1931. p. 1. http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1107035&presentacion=pagina&posicion=1.
  2. "En Orense se declara la República Gallega" (en castelán). El Regional nº 17.127. 25 de xuño de 1931. p. 3. http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1065590&presentacion=pagina&posicion=3.
  3. "Última Hora: A Madrid llega la noticia de haberse proclamado la República Gallega en Orense" (en castelán). La Zarpa nº 3.062. 25 de xuño de 1931. p. 12. http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1167294&presentacion=pagina&posicion=12.
  4. "El bello gesto de Galicia" (en castelán). El Emigrado nº 378. 7 de xullo de 1931. p. 1. http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1047372&presentacion=pagina&posicion=1.
  5. "No se proclamó la República Gallega en Orense" (en castelán). El Progreso nº 11.205. 26 de xuño de 1931. p. 2. http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1122733&presentacion=pagina&posicion=2.
  6. "Del Gobierno Civil. No se proclamó la República Gallega" (en castelán). El Pueblo Gallego nº 2.254. 26 de xuño de 1931. p. 10. http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1107035&presentacion=pagina&posicion=10.
  7. "Habla el señor Maura del ferrocarril Zamora Orense" (en castelán). El Regional nº 17.128. 26 de xuño de 1931. p. 3. http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1065591&presentacion=pagina&posicion=3.
  8. "El ferrocarril Zamora-Orense. Maura cree que el conflicto será resuelto pronto y favorablemente" (en castelán). El Pueblo Gallego nº 2.254. 26 de xuño de 1931. p. 5. http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1107035&presentacion=pagina&posicion=5.
  9. Cerceda revivirá o aniversario da República Galega, nova aparecida en Galicia Confidencial o 18 de xuño de 2010.
  10. Artigo de opinión en GZnacion.com, aparecido o 28 de agosto de 2009.
  11. Portada do xornal Pueblo Gallego.
  12. Lo que no te contaron en clase: I República Galega (en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]