Opeth

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Opeth
Opeth NYC.jpg
Orixe Estocolmo, Suecia Flag of Sweden.svg
Período 1990 - actualidade
Xénero(s) metal progresivo, rock progresivo, death metal progresivo
Selo(s) discográfico(s) Candlelight, Century Black, Peaceville, Music for Nations, Koch, Roadrunner
Membros Mikael Åkerfeldt
Fredrik Åkesson
Martin Mendez
Martin "Axe" Axenrot
Per Wiberg
Antigos membros Kim Pettersson
Mattias Ander
Andreas Dimeo
Nick Döring
Stefan Guteklint
David Isberg
Johan DeFarfalla
Anders Nordin
Martin Lopez
Peter Lindgren
Na rede
http://opeth.com/

Opeth é un grupo de death metal progresivo formado en Suecia no ano 1990 e liderado polo compositor, cantante e guitarrista Mikael Åkerfeldt.

Sendo a súa orixe o death metal sueco, Opeth comezaron dende cedo a experimentar coas súas composicións, incorporando influencias que abranguen dende o jazz ata o rock progresivo e sinfónico clásico, pasando por música folk e mesmo blues.

Dende o seu primeiro contrato discográfico en 1994, Opeth ten lanzado oito álbums, un DVD, unha caixa compilando varios discos, e tres sinxelos. Unha excepción notable na súa discografía vén constituída polo disco Damnation, no que se afastaron momentaneamente do seu son metálico para gravar temas de rock progresivo, cun claro contido acústico.

Historia[editar | editar a fonte]

Os comezos de Opeth (1990-1993)[editar | editar a fonte]

Opeth formouse en Estocolmo, Suecia, en 1990 por David Isberg. Isberg convidou a Mikael Åkerfeldt, quen tiña unha banda chamada Eruption, a unirse ó grupo como baixista, sen contar co resto do grupo, que pronto marcharon. Estando, entón, Isberg coma cantante e Åkerfeldt coma guitarrista, Opeth necesitaba máis músicos. Incorporáronse amigos de toda a vida de Mikael, membros de Eruption, Anders Nordin á batería e Nick Döring ó baixo. Andreas Dimeo entrou despois como segundo guitarra.