Grindcore
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Grindcore | |
|---|---|
| Orixes do estilo: | metal extremo, hardcore punk, música noise, música industrial, post-punk |
| Orixes culturais: | mediados dos 80 en Inglaterra |
| Instrumentos típicos: | guitarra eléctrica, baixo, batería, voces |
| Popularidade: | underground |
| Derivados: | mathcore |
| Subxéneros | |
| goregrind, noisegrind, electrogrind/cybergrind, crustgrind, pornogrind | |
| Xéneros de fusións | |
| deathgrind | |
O grindcore é un subxénero musical. É unha variante do metal extremo con letras de temática diversa, dende letras misantrópicas, violentas, brutais ata "gore".
Musicalmente o grindcore tócase con guitarras cunha distorsión saturada, baixo sen moita presenza, dobres bombos na batería e voces guturais. Provén da fusión doutros subxéneros como o death metal co gore-metal, o hardcore metal, ou o punk radical.