Voivod
| Voivod | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Jonquière, Quebec, Canadá |
| Período | 1982 - actualidade |
| Xénero(s) | heavy metal, metal progresivo, metal industrial, thrash metal, speed metal |
| Selo(s) discográfico(s) | Metal Blade, Noise, MCA, Mausoleum, Hypnotic, Chophouse, The End, Relapse |
| Membros | Denis Bélanger Michel Langevin Jean-Yves Thériault Daniel Mongrain |
| Antigos membros | Denis D'Amour Eric Forrest Jason Newsted |
| Web oficial | http://www.voivod.com/ |
Voivod é unha banda canadense de heavy metal procedente de Jonquière, Quebec, formada en 1982. O seu estilo musical ten cambiado varias veces dende os orixes do grupo. Comezaron como unha banda de speed metal, ao que se lle foi engadindo unha mestura de metal progresivo e thrash metal para crear o seu estilo propio.
Dende o seu álbum de estrea en 1984, Voivod leva editados 11 discos de estudio ademais dun EP, un álbum ao vivo, dous recompilatorios, sete demos e un DVD. O grupo acadou o éxito entre o gran público a finais dos 80 co seu álbum máis famosos, Nothingface, que foi o primeiro traballo de Voivod en entrar na lista Billboard 200, acadando o número 114. O seu álbum máis recente é Infini, editado en 2009, que contén temas que foron gravados antes da morte do seu guitarrista Denis D'Amour no ano 2005.
Discografía [editar]
- War and Pain (1984)
- Rrröööaaarrr (1986)
- Killing Technology (1987)
- Dimension Hatröss (1988)
- Nothingface (1989)
- Angel Rat (1991)
- The Outer Limits (1993)
- Negatron (1995)
- Phobos (1997)
- Voivod (2003)
- Katorz (2006)
- Infini (2009)
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Páxina da banda (en inglés)