Megistotherium
Megistotherium Rango fósil: Mioceno temperán | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Megistotherium osteothlastes. | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
Megistotherium (do grego, megistos "grande" + therion "besta" e osteon 'óso' + thlaston 'esmagado, mordido' con -é como axente substantivo: 'quebranta ósos') é un xénero extinto de creodonte, e a única especie coñecida deste é Megistotherium osteothlastes. Algúns paleontólogos considérano un sinónimo menor de Hyainailouros sulzeri
Descrición[editar | editar a fonte]
Megistotherium osteothlastes foi un enorme creodonte da familia dos hienodóntidos que viviu a comezos do período Mioceno, hai uns 23 millóns de anos. Foi achado nas formacións xeolóxicas Ngorora e Muruyur de Kenya, Exipto, Namibia, Uganda[2] e Libia.[3] Foi nomeado por Robert Savage en 1973; e cun cranio de 66 cm de lonxitude é considerado un dos maiores mamíferos carnívoros coñecidos, cun peso estimado de até 500 kg.[4]
Os dentes carnasiais de Megistotherium (como os doutros Creodonta) eran os primeiros molares superiores, superpoñéndose ás súas contrapartes da mandíbula inferior a modo de tesoiras, formando unha formidable e poderosa acción de corte. A terra que é agora o deserto do Sáhara era moito máis fértil no Mioceno. Había unha considerable abundancia de pasteiros e choivas. Lagos e estanques provían de auga a fauna maior, de cuxa abundancia e diversidade vivían Megistotherium e outros depredadores. Hienodóntidos xigantes como este puideron evolucionar tanto como depredadores especializados como preeiros dos grandes herbívoros africanos.[5] Ósos de mastodontes foron achados cos seus fósiles, indicando que Megistotherium puido telos cazado para alimentarse.
Taxonomía[editar | editar a fonte]
A orde Creodonta abrangue un diverso grupo de depredadores que foron os máis exitosos durante o Eoceno antes de ser ecoloxicamente desprazados pola orde moderna dos carnívoros durante o Oligoceno serodio. Megistotherium apareceu no Mioceno contra o final do florecemento dos creodontes; foi parte dunha radiación de hienodóntidos africanos que se produciu nesta época. Hyainailouros sulzeri está moi relacionado a Megistotherium, sendo moi semellantes en tamaño, estrutura e proporcións - cunha cola longa, patas curtas e un corpo robusto.[6] Morais & Pickford (2005), Morlo, Miller & O-Barkooky (2007) e Morais, Pickford & Salesa (2008) suxeriron que de feito Megistotherium é un sinónimo menor de Hyainailouros sulzeri, o cal é coñecido dun esqueleto case completo, entre outros restos, e foi achado en Europa, Asia e Namibia, e por tanto vén das mesmas localidades.[7][8][9][10][11]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Savage, R. J. G. (1973). "Megistotherium, gigantic hyaenodont from Miocene of Gebel Zelten, Libya". Bulletin of the British Museum (Natural History) Geology 22 (7): 483–511.
- ↑ Morais, J. and M. Pickford. (2008). "Creodonts and carnivores from the Middle Miocene Muruyur Formation at Kipsaraman and Cheparawa, Baringo District, Kenya." Comptes Rendus Palevol 7 (8): 487-497
- ↑ Morlo, M., Miller, E.R., and O-Barkooky, A.N. 2007. Creodonta and Carnivora from Wadi Moghra, Egypt. Journal of Vertebrate Paleontology 27: 145–159. doi:10.1671/0272-4634(2007)27[145:CACFWM]2.0.CO;2
- ↑ Sorkin, B. 2008: A biomechanical constraint on body mass in terrestrial mammalian predators. Lethaia, Vol. 41, pp. 333–347
- ↑ Rasmussen; Tilden, Christopher D.; Simons, Elwyn L. "New specimens of the giant creodont Megistotherium (Hyaenodontidae) from Moghara, Egypt" 70 (2). American Society of Mammalogists.
- ↑ Ginsburg, L. 1980. Hyainailouros sulzeri, mammifère créodonte du Miocène d’Europe. Ann. Paléont., 66, 19-73
- ↑ Morais, J. and Pickford, M. 2005. Carnivores from the Middle Miocene Ngorora Formation (13-12 Ma) Kenya. Estudos Geol., 61, 271-284 http://digital.csic.es/bitstream/10261/2322/1/ngorora.pdf
- ↑ Morlo, M., Miller, E.R., and O-Barkooky, A.N. 2007. Creodonta and Carnivora from Wadi Moghra, Egypt. Journal of Vertebrate Paleontology 27: 145–159.
- ↑ MORAIS J., PICKFORD M. & SALESA M. J. 2008. — Creodonta and Carnivora from the early Miocene of the northern Sperrgebiet, Namibia. Memoir of the Geological Survey of Namibia 20: 291-310
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2019. Consultado o 20 de febreiro de 2019.
- ↑ J. Morais, M. Pickford, S. Frade, M.J. Salesa, D. Soria, Creodonta and Carnivora from Arrisdrift, early Middle Miocene of southern Namibia, Mem. Geol. Surv. Namibia 19 (2003) 177–194.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Domning, D.P. (1978). "Sirenia." Evolution of African Mammals. pp. 573–581.
- Egi, Naoko. (2001). "Body Mass Estimates in Extinct Mammals from Limb Bone Dimensions: the Case of North American Hyaenodontids." Palaeontology. Vol. 44, Issue 3, Page 497.
- Leakey, L.S.B. e R.J.G. Savage (editores). (1976). Fossil Vertebrates of Africa. Academic Press Inc.,U.S. ISBN 0-12-440404-9.