Steven Soderbergh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Steven Soderbergh.

Steven Andrew Soderbergh, nado o 14 de xaneiro de 1963 en Atlanta, Georgia, é un director de cine e guionista estadounidense. Tamén adoita traballar como director de fotografía e montador, empregando os pseudónimos de Peter Andrews e Mary Ann Bernard respectivamente.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Criado nunha familia de orixe sueca descubriu o cine na adolescencia, cando comezou a rodar curtametraxes caseiras en Super8.

Tras graduarse no instituto marchou a Hollywood onde comezou a traballar como montador por libre. Debutou como director con Sex, Lies, and Videotape, película independente que o levou a gañar a Palma de Ouro en Cannes, sendo o director máis novo en conseguila.

A continuación dirixiu película con baixos orzamentos, ata que chegou Out of Sight, coa que comezaría a súa colaboración con George Clooney. Desde entón foi alternando películas independentes con grandes producións.

No ano 2001 foi nomeado ao oscar ao mellor director por dúas películas diferentes: Erin Brockovich e Traffic, coa que gañaría o premio. Era a primeira vez desde 1938 que un director conseguía esta doble candidatura.

En varias ocasións afirmou que dexaría o cine para adicarse á pintura.

Obra[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]