Mathias Rust
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mathias Rust, nado en Wedel en 1968, é un aviador alemán que, voando dende Hamburgo, atravesou a defensa aérea soviética, e chegou a aterrar preto do Kremlin, en Moscova, usando un Cessna 172B o 28 de maio de 1987, con dezanove anos de idade. O seu xuízo, en Moscova, deu comezo o 2 de setembro de 1987. Despois dunha sentenza de prisión de 432 días na Unión Soviética, volveu para a Alemaña a 3 de agosto de 1988.
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
- Rust in Red Square, about the flight and the aftermath. (en inglés)