Marta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Martes martes")
Martaraña
Baummarder 01.jpg
Estado de conservación
Risco baixo (LC)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Placentalia
Orde: Carnivora
Suborde: Caniformia
Familia: Mustelidae
Xénero: Martes
Especie: M. martes
Nome binomial
Martes martes
Carl von Linné, 1758)
Distribución da Marta

Distribución da Marta
Distribución en Europa(verde – nativa, vermello – introducida)

Distribución en Europa
(verde – nativa, vermello – introducida)

A martaraña ou marta (Martes martes) é unha especie de mustélido carnívoro europeo duns 25 centímetros de altura e 50 dende a cabeza ata o arranque da cola, que ten preto de 30 cm.

Características[editar | editar a fonte]

Un exemplar adulto pesa ao redor dun quilogramo e medio. Posúe unha cabeza pequena, un fociño agudo, un corpo delgado, patas curtas e pelame espesa e suave, máis escura polo lombo que polo ventre.

Os seus hábitos son nocturnos, adoitan vivir nas árbores e aliméntanse de pequenos mamíferos, pequenas aves, insectos e ras. Tamén comen algúns froitos e ovos de paxaros. Asemade as martas son presas das aguias e dos raposos. Non obstante, o seu maior inimigo é o home, que a aprecia pola súa fina pel. En cativerio viven ata 18 anos, mentres que a súa vida silvestre apenas supera os catro anos. Chegan á súa madurez sexual aos dous anos. As súas crías adoitan nacer en marzo ou abril, logo dun período de xestación de ao redor dun mes. O seu peso ao nacer é de aproximadamente 30 gramos.

(Véxase mapa de distribución en Galicia embaixo)

Curiosidades[editar | editar a fonte]