Marina Vega de la Iglesia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMarina Vega de la Iglesia
Biografía
Nacemento21 de marzo de 1923
Castro Urdiales, España Editar o valor em Wikidata
Morte11 de xuño de 2011 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónespía Editar o valor em Wikidata
EmpregadorFrança Livre (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarsubtenente (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ConflitoSegunda guerra mundial Editar o valor em Wikidata

Marina Vega de la Iglesia, nada en Castro Urdiales[1][2] o 21 de marzo de 1923, e finada en Madrid o 11 de xuño de 2011,[3]foi unha espía, loitadora antifranquista e cazanazis cántabra. Foi a única muller na rede española ao servizo da Resistencia francesa.[4] Uniuse á rede española das Forzas Francesas Libres ó servizo de Charles de Gaulle con só 17 anos. Traballou para a Resistencia francesa, primeiro contra o ditador Francisco Franco dende España e logo en Francia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Historia familiar[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia de tradición republicana. O seu pai, que fora rexistrador da propiedade en Torrelavega[1] e deputado a cortes e director xeral de prisións nos tempos da Segunda República,[5] foi condenado a 16 anos de prisión por "un delito consumado de masonaría",[6] e enviado a un penal de El Puerto de Santa María (Cádiz). A súa nai formou parte do goberno da II República[7] polo que se mudou coas fillas a Valencia cando caeu Madrid. Marina estivo durante este tempo interna no Liceo Sorolla, na Malvarrosa[8] e tivo que vivir agochada por medo a ser represaliada.[6] Por esta razón e para protexela, Marina foi enviada a Francia con algúns amigos da familia o 18 de xullo de 1937, residindo un tempo en París.[9]

Na resistencia francesa[editar | editar a fonte]

Vivía en París cando estourou a segunda guerra mundial. A familia que a acollera decidiu ir a México.[10] Marina, aínda sen ter noticias dos seus pais, tomou a decisión de volver a España. Ó chegar a Madrid localizou a súa nai, que vivía agochada.[11] Tempo despois Marina caeu nunha depresión e a súa nai enviouna canda unha amiga súa en León.[12] Alí coñeceu un home novo que estaba conectado co servizo diplomático francés, [13]que foi quen a introduciu nas Forzas Francesas Libres.[3] Ó prohibir Franco a embaixada de Francia, o servizo secreto deste país estableceuse na delegación inglesa, que foi onde acudiu Marina para ofrecerse a traballar. Marina chegou xusto cando eles estaban a buscar unha muller española non fichada e que puidese moverse libremente a través do país e foi admitida. Segundo ela indica, as oficinas da embaixada clandestina francesa estaban situadas na rúa San Bernardo, en Madrid.[14] Ela traballou baixo as siglas FFL (Forzas Francesas Libres) de Charles de Gaulle[15] Comezou a traballar no ano 1942 cun salario de subtenente e cando comezou a viaxar tamén lle cubrían as axudas de custo.[16]

A raíz desta relación coa embaixada francesa fixo múltiples viaxes á fronteira franco-española sempre con documentación falsa.[17] Introducía xente en España e traía documentos e diñeiro. Na rede de apoio estaban dende o xastre que vestía ós que cruzaban a fronteira ata os falsificadores de documentos. Un día esta rede foi descuberta pola Segunda Bis, a contraespionaxe española.[4] Foi por iso que Marina tivo que fuxir a Francia en 1944, onde permaneceu ata 1949.[18]

Tamén axudou a persoas que fuxían da persecución alemá. Entre 1942 e 1944 facía dúas viaxes por semana a Francia. "Non sei canta xente puiden traer comigo. Deduzo que serían xudeus franceses que fuxían dos nazis. Tamén algún inglés".[4]

Coa fin da segunda guerra mundial comezou a limpeza dos nazis en Francia e o resto de Europa.[4] Marina foi desmobilizada en 1945[18] e pasou a ser un soldado sen uniforme. Tense dito que o seu traballo era daquela localizar alemáns nazis e colaboracionistas para xulgalos. Isto provocou unha desbandada deles cara España.[4] Porén ela declara que durante o período de paz as súas tarefas xiraban en torno á información publicada nos medios de comunicación españois e que aínda que a chamen "cazanazis" ela non foi "a Alemaña cazando a ninguén"[19]. Noutra entrevista declara que cazou "uns poucos".[4]

Marina estableceuse definitivamente en Madrid en 1950 para coidar do seu pai que saíra do cárcere e estaba moi enfermo,[20] dando por rematados os seus servizos e debido a que a súa nai estaba aínda en España. Casou e tivo unha filla. Foi detida dúas veces durante o réxime franquista, polo seu activismo.[4] Ós seus 84 anos considerábase "masona, republicana, vermella e a moita honra".[4]

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

Foi condecorada polo Parlamento Europeo[4] pola defensa da liberdade. En 2008 otorgouselle o premio "Nuestras Mujeres" dentro da cerimonia dos X premios Ana Tutor do PSOE.[21]

Segundo declaracións de Javier Olivares, a personaxe de Lola Mendieta na serie El ministerio del tiempo está inspirada en Marina Vega.[22]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Vega de la Iglesia, Marina. (2008). Testimony of the Spanish Civil War and the Francoist Dictatorship. Parte 1 (mp4) (en castelán). University of California, San Diego. Escena en 0:00:50. 
  2. "¿Quién fue Marina Vega?". Historia de Iberia Vieja (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2018. Consultado o 23 de xullo de 2018. 
  3. 3,0 3,1 "Vega de la Iglesia, Marina". Fundación Pablo Iglesias (en castelán). Consultado o 19 de marzo de 2023. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 4,8 Junquera, Natalia (29 de xuño de 2008). "'Cazanazis', espía y enemiga de Franco". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2018. (require subscrición (?)). 
  5. Vega de la Iglesia 2008a, 0:06:14
  6. 6,0 6,1 Emilio Silva (11 de novembro de 2002). "Españoles que son héroes en Francia". El Periódico de Catalunya (en castelán). Consultado o 24 de xullo de 2018. 
  7. Vega de la Iglesia 2008a, 0:10:58
  8. Vega de la Iglesia 2008a, 0:11:38
  9. Vega de la Iglesia 2008a, 0:12:49
  10. Vega de la Iglesia 2008a, 0:14:00
  11. Vega de la Iglesia 2008a, 0:17:42
  12. Vega de la Iglesia 2008a, 0:21:15
  13. Silva, Emilio (11 de novembro de 2002). "Españoles que son héroes en Francia". El Periódico. p. 18. 
  14. Vega de la Iglesia 2008a, 0:28:00
  15. Vega de la Iglesia 2008a, 0:29:37
  16. Vega de la Iglesia, Marina. (2008). Testimony of the Spanish Civil War and the Francoist Dictatorship. Parte 2 (mp4) (en castelán). University of California, San Diego. Escena en 0:05:28. 
  17. Vega de la Iglesia 2008b, 0:12:58
  18. 18,0 18,1 Vega de la Iglesia 2008b, 0:17:44
  19. Vega de la Iglesia 2008b, 0:19:03
  20. Vega de la Iglesia 2008b, 0:23:03
  21. "Entrega de los X Premios Ana Tutor. Madrid". 12 de febreiro de 2008. Consultado o 23 de xullo de 2018. 
  22. Javier Olivares (9 de marzo de 2015). "El personaje real en el que se inspira Lola Mendieta: Marina Vega." (en castelán). Consultado o 23 de xullo de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]