El ministerio del tiempo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El ministerio del tiempo

A sede do El ministerio del tiempo na praza Duque de Alba de Madrid.
Xénerociencia ficción
Creado porPablo Olivaresz
Javier Olivares
Escrito porJosé Ramón Fernández
Paco López Barrio
Javier Olivares
Pablo Olivares
Anaïs Schaaff
Dirixido porMarc Vigil
Jorge Dorado
Abigail Schaaff
País de orixeEspaña
Lingua(s)castelán
Temporadas1
Episodios8
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Javier Olivares
Alicia Yubero
María Roy
Duración70 min aprox.
Emisión orixinal
Canle de orixeLa 1
Formato de imaxe16:9 HD
Primeiro episodio24 de febreiro de 2015
Na rede
http://www.rtve.es/television/ministerio-del-tiempo/
IMDB: tt4136774 Filmaffinity: 693487 Allocine: 18518
Facebook: elministeriodeltiempo Twitter: MdT_TVE Instagram: elministeriodeltiempo Netlix: 80064235Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

El ministerio del tiempo é unha serie de televisión española de ciencia ficción creada por Pablo Olivares e Javier Olivares e producida por Onza Partners e Cliffhanger para TVE. Estreouse o 24 de febreiro de 2015 en La 1. Está protagonizada por Aura Garrido, Rodolfo Sancho, Cayetana Guillén Cuervo e Nacho Fresneda. A premisa da serie é que un soldado do século XVI, unha muller universitaria do século XIX e un enfermeiro de 2015 son contratados por un ministerio segredo español que posúe unhas portas subterráneas que ao atravesalas permiten viaxar polo tempo.

O 24 de marzo de 2015 TVE confirmou no FesTVal de Murcia que a serie contaría cunha segunda tempada.[1]

Sinopse[editar | editar a fonte]

"El Ministerio del Tiempo" é unha institución gobernamental autónoma e segreda que depende directamente de Presidencia do Goberno de España. Ao igual que nos Estados Unidos gárdanse os segredos e a chave para un posible ataque nuclear de presidente a presidente, o mesmo pasa con este ministerio: só reis, presidentes e un número exclusivo de persoas saben del.

O paso cara a outras épocas realízase a través de portas vixiadas polas patrullas do ministerio. O seu oxjectivo: detectar e impedir que calquera intruso do pasado chegue ao noso presente (ou viceversa) co fin de utilizar a Historia para o seu beneficio. Para iso as patrullas terán que viaxar ao pasado e evitar que o logren.

Elenco[editar | editar a fonte]

Elenco principal de El Ministerio del Tiempo
Actor Personaje Temporada
1 2
Rodolfo Sancho Julián Martínez Principal Recorrente
Aura Garrido Amelia Folch Principal
Nacho Fresneda Alonso de Entrerríos Principal
Cayetana Guillén Cuervo Irene Larra Girón Principal
Juan Gea Ernesto Jiménez / Tomás de Torquemada Principal
Jaime Blanch Salvador Martí Principal
Francesca Piñón Angustias Vázquez Principal
Natalia Millán Lola Mendieta Recorrente
Mar Ulldemolins Maite Recorrente
Julián Villagrán Diego Velázquez Recorrente
Mar Saura Susana Torres Episódico Recorrente
Hugo Silva Jesús Méndez "Pacino" Principal

Principais[editar | editar a fonte]

  • Aura Garrido é Amelia Folch, estudante de finais do século XIX. De familia burguesa acomodada, é unha das primeiras mulleres en ir á Universidade de Barcelona. Intelixente, con memoria fotográfica e traballadora, é o cerebro do comando.
  • Rodolfo Sancho é Julián Martínez, enfermeiro do SAMUR de principios do século XXI. O valor e o seu escaso apego á súa propia vida por salvar as dos demais son as súas maiores cualidades.
  • Nacho Fresneda é Alonso de Entrerríos, soldado dos Terzos de Flandres do século XVI. Ten uns valores moi antigos pero é un home de honra. É o soldado perfecto, experto tirador e estratego e que se pon ao mando da situación cando se require forza.
  • Jaime Blanch é Salvador Martí, o subsecretario de Misións Especiais que despacha co ministro; diplomático de carreira, é contemporáneo e serve como enlace entre o Goberno e o CNI.
  • Cayetana Guillén Cuervo é Irene Larra, nada nos anos 30 do século XX e experta en Recursos Humanos do Ministerio.
  • Juan Gea é Ernesto Jiménez, de quen se descoñece a época na que naceu ata o capítulo 4 no que se sabe que é o pai de Tomás de Torquemada, é dicir, de finais da época medieval. Funcionario serio, solitario e perfeccionista, sempre preocupado pola vida dos seus recrutados en cada misión.
  • Francesca Piñón é Angustias, a secretaria de Salvador. Atenta sempre a todo, a súa seña de identidade é o humor. Os recortes que sufriu no seu soldo pola actual crise económica fanlle botar de menos a súa verdadeira época.

Recorrentes[editar | editar a fonte]

  • Natalia Millán é Lola Mendieta, unha exaxente do Ministerio á que crían morta en acto de servizo. Facilitou información sobre portas do tempo clandestinas a unha serie de persoas.
  • Julián Villagrán é Diego Velázquez, o pintor de obras como Las meninas que foi recrutado polo Ministerio como debuxante de retratos robot.
  • Mar Ulldemolins é Maite, a defunta muller de Julián á que el intenta visitar a través das portas do tempo.
  • Jimmy Shaw é Paul Walcott, un viaxeiro do tempo americano. Non se coñecen moitos datos sobre el á parte da súa nacionalidade.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fórmula TV (ed.). "TVE renueva 'El Ministerio del Tiempo' por una segunda temporada". Consultado o 4 de abril de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]