Maria Millington Lathbury

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaria Millington Lathbury

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1856
Morte1944
Wotton-under-Edge.
Gloucestershire.
Inglaterra.
Datos persoais
País de nacionalidade Británica
Educación Somerville College.
Universidade de Oxford.
Actividade
Campo de traballoHistoriografía, numismática e arqueoloxía.
Ocupaciónerudita clásica , autora Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJohn Evans.
FillosJoan Evans (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesArthur Evans (fillastro)
Lewis Evans (en) Traducir (fillastro) Editar o valor em Wikidata


Maria Millington Lathbury, nada en 1856 e finada en xuño de 1944 en Wotton-under-Edge, Gloucestershire, foi unha historiadora clásica, arqueóloga e numismática inglesa.[1][2][3]

Coñécese tamén, logo do seu casamento con John Evans, como Maria Evans ou, simplemente, Lady Evans, formas que utilizou como autora de varios dos seus traballos.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Vida persoal e formación[editar | editar a fonte]

Lathbury naceu en 1856, única filla de Charles Crawford Lathbury, de Wimbledon.[2]

As obras de Jane Ellen Harrison servíranlle de estímulo para o seu interese polo mundo clásico e en 1886, cando tiña 30 anos, comezou os seus estudos de Literae humaniores no Somerville College da Universidade de Oxford, onde tivo como profesor a Percy Gardner.[4][5] Máis tarde mesmo chegou a viaxar a Grecia en 1892. Ese mesmo ano publicou unha nota en The Academy acerca do alumamento nos templos gregos e, ademais, as súas investigacións sobre o terreo propiciaron a publicación dunha das súas monografías o ano seguinte.[6] Tamén formou parte dunha das expedicións de Wilhelm Dörpfeld polas Illas Gregas.[7]

Ese mesmo 1892, Lathbury casou co tamén arqueólogo e numismático John Evans, cinco meses despois de coñecérense nunha conferencia deste á que acudiu Maria, sobre a vinculación da orientación dos templos gregos e a súa datación.[8] Como agasallo de casamento, Evans deulle a Lathbury un camafeo romano, nunha montura de ouro de Alessandro Castellani[9]. Durante a súa lúa de mel percorreron xuntos diversos sitios arqueolóxicos en Gran Bretaña e en Francia, coa súa amiga mutua a poetisa e arqueóloga Nina Layard.[10]

O 22 de xuño 1893 naceu a súa filla Joan Evans, que chegou a ser unha recoñecida medievalista. En 1906 a familia trasladouse a Britwell, Berkhamsted, e dous anos máis tarde finou o seu home.[11][12]

Os derradeiros anos de Maria Lathbury transcorreron na compaña da súa filla Joan en Thousand Acres, na vila de Wotton under Edge, ata a súa morte en xuño de 1944.[3]

Carreira académica[editar | editar a fonte]

Logo de concluír os seus estudos a finais da década de 1880, Lathbury foi nomeada profesora de extensión universitaria na Universidade de Oxford. Tamén ocupou un posto docente como lady lecturer no Museo Británico, centrado no tema da vestimenta da Antiga Grecia.[13] De feito, xunto con Ethel Abrahams, Lathbury foi unha das primeiras mulleres estudosas da vestimenta grega, e ambas querían que o seu coñecemento non ficase inédito, senón que procuraban o xeito de facelo accesible para o público.[14]

En 1891 foi entrevistada na publicación Pall Mall Gazette xunto con Jane Harrison, e aí ambas debateron acerca do mundo grego e a arqueoloxía, e en concreto sobre o papel da muller como asistente ás conferencias arqueolóxicas.[15]

Na súa condición de experta, en 1892 foi a deseñadora do vestiario para unha montaxe teatral da obra As ras, de Aristófanes, producida pola Oxford University Dramatic Society (OUDS).[16] Lathbury dedicou o seu libro Chapters on Greek Dress, publicado o ano seguinte, a esta compañía teatral, en lembranza da súa colaboración no proxecto.[17]

Lathbury participou na campaña para que a Universidade de Oxford outorgase títulos ás mulleres en 1896.[18]

En 1900, o anuario The Englishwoman Yearbook & Directory incluíuna como unha muller "activa en arqueoloxía".[19]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Monografías[editar | editar a fonte]

Escolma de artigos[editar | editar a fonte]

Legado[editar | editar a fonte]

Lathbury soterrou unha cápsula do tempo o 20 de xullo de 1898, cunha moeda de medio penique e unha nota autógrafa, para conmemorar a construción do St Albans Museum, en Hertfordshire, en cuxa fundación participara o seu home.[20] En 2018 soterrouse unha nova cápsula no mesmo lugar.[21]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Maria Lathbury". The British Museum.
  2. 2,0 2,1 Garlick, K. (2004). "Evans, Dame Joan (1893-1977). Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press.
  3. 3,0 3,1 "Maria Millington Lathbury (1856-1944)". Sir John Evans Centenary Project.
  4. Wrigley, A. (2010). "Robert Bridges'Masque Demeter and Oxford's Persephones". New Voices in Classical Reception Studies. 5.
  5. Sorensen, Lee, ed. (2021). "Evans, Joan, Dame". Dictionary of Art Historians.
  6. "Chapter 5: Women at the British School at Athens". En Bulletin of the Institute of Classical Studies. 54. Supplement 111. Abril 2011. Páxinas 115-139.
  7. Gill, D. W. J. (2002). "'The passion of hazard': women at the British School at Athens before the First World War". The Annual of the British School at Athens. 97: 494. ISSN 0068-2454.
  8. MacGregor, A. (2008). Sir John Evans 1823-1908: antiquity, commerce and natural science in the age of Darwin. Ashmolean Museum, Oxford. Páxina 7. ISBN 978-1-85444-237-6
  9. "Cameo set in a 19th century mount (Getty Museum)". The J. Paul Getty in Los Angeles.
  10. Hill, K. (2016). Women and museums 1850-1914. Modernity and the gendering of knowledge. Lund University Press. ISBN 978-1526136671
  11. "Dame Joan Evans". Hubbardplus.co.uk
  12. Lord Avebury (1908). "Sir John Evans, K.C.B., D.C.L., F.R.S. Born November 17th, 1823; Died May 31st, 1908". En Man. Vol. 8. Páxinas 97-98.
  13. Thornton, A. (2018). Archaeologists in print: publishing for the people. London. Páxina 151. ISBN 978-1-78735-257-5
  14. Lee, M. M. (2015). Body, dress, and identity in ancient Greece. Cambridge University Press. Páxina 14. ISBN 978-1-107-05536-0
  15. Thornton, A. (2018). Archaeologists in print : publishing for the people. UCL Press, Londres. Páxina 55. ISBN 978-1-78735-257-5
  16. "Maria Millington Lathbury AKA Lady Evans". Archive of Performances of Greek & Roman Drama.
  17. Véxase (1893) en "Bibliografía".
  18. Brittain, V. (1960). The Women at Oxford. George G. Harrap & Co, Londres.
  19. Thornton, A. (2018). Archaeologists in print: publishing for the people. UCL Press, Londres. Páxina 7. ISBN 978-1-78735-257-5
  20. "Time Capsule". St Albans Museums.
  21. Berry, F. (2018). "Modern time capsule buried under former Museum of St Albans in same spot as 1898 discovery". En The Herts Advertiser. 15 de novembro.