Wilhelm Dörpfeld

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Wilhelm Dörpfeld
Wilhelm Dörpfeld e Heinrich Schliemann en Löwentor, Micenas (1885)

Wilhelm Dörpfeld, nado o 26 de decembro de 1853 e finado o 25 de abril de 1940, foi un arquitecto e arqueólogo alemán que participou nas escavacións levadas a cabo entre 1877 e 1881 en Olimpia, e posteriormente, xunto a Heinrich Schliemann, en Orcómeno e en Troia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En Troia participou nas escavacións desde 1882 e desenvolveu plenamente a técnica da estratigrafía. No curso do escavación de 1890 atopou restos dun edificio que contiñan cerámica similar a outros fragmentos achados en Orcómenos, Micenas e Tirinto, polo que deduciu que o estrato que contiña os restos, chamado Troia VI, era o contemporáneo co maior auxe da civilización micénica, e por tanto se podería identificar coa cidade cantada por Homero na Ilíada, refutando así a opinión de Schliemann de que Troia II era a Troia homérica.

Trala morte de Schliemann, Dörpfeld proseguiu os escavacións en Troia en 1893 e 1894, desenterrando gran parte do estrato correspondente á cidadela de Troia VI, e observando que a cidade sucumbira violentamente tras un gran incendio. Non chegou a achar a cidade inferior que foi descuberta por Manfred Korfmann a partir de 1988, pero xa supuxera que esta cidade inferior se chegaría a descubrir, posto que algunhas sondaxes que encargou a varios especialistas acharan indicios diso.

En 1902 publicou Troia und Ilion. Ergebnisse der Ausgrabungen in den vorhistorischen und historischen Schichten von Ilion 1870-1894, que contén as súas conclusións acerca das escavacións de Troia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]