María Ramallo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "María Pilar Ramallo Vázquez")

María Pilar Ramallo Vázquez, nada o 12 de agosto de 1970 en Marín, é unha política galega, dende maio de 2011 alcaldesa electa de Marín.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid, ingresou no Partido Popular, formación coa que optou como concelleira ás eleccións locais de 1995 polo concello de Marín. Foi elixida concelleira e designada para a área de Facenda. En 1999 non repite como concelleira e comeza a traballar na Delegación do Goberno en Galicia primeiro, e logo na Xunta de Galicia como asesora xurídica, sempre contratada por administracións do Partido Popular.

Nas eleccións locais de 2003 saíu elixida de novo concelleira e pasou a ocupar o posto de asistente do voceiro popular e posteriormente voceira ela mesma na oposición. En 2008 concorreu nas listas do PP ás eleccións xerais e saíu escollida deputada pola provincia de Pontevedra. En 2009 concorreu nas listas do PP ás eleccións galegas onde sae escollida deputada.

O presidente Alberte Núñez Feijoo noméaa presidenta da Autoridade Portuaria de Marín, e dous anos máis tarde preséntase á cabeza da lista do Partido Popular ás eleccións municipais en Marín, onde obtén a maioría absoluta dos concelleiros, bordeando a metade dos votos emitidos (49,8%) e conseguindo uns resultados históricos para o PP nese concello.


Predecesor:
Francisco Andrés Veiga Soto
Escudo Marín.jpg
Alcaldesa de Marín

2011 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]