Jesús Otero Varela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJesús Otero Varela
Biografía
Nacemento29 de xaneiro de 1959 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Merza, España Editar o valor em Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
21 de xuño de 2011 – 27 de setembro de 2011
← María Pilar Ramallo Vázquez

Circunscrición electoral: Pontevedra

Alcalde de Vila de Cruces
1990 – 2019
← Sergio Iglesias PazosLuís Taboada Sánchez → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Vila de Cruces Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Jesús Otero Varela, nado en Merza o 29 de xaneiro de 1959,[1] é un político galego do PPdG, que foi alcalde de Vila de Cruces.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira política como concelleiro de Alianza Popular en Vila de Cruces en 1983. En maio de 1990, logo do falecemento en accidente do alcalde Sergio Iglesias Pazos, foi elixido alcalde. Nas eleccións municipais de 1991 encabezou a candidatura do PPdeG e revalidou a alcaldía cunha ampla maioría absoluta. Mantivo a alcaldía nos sucesivos comicios, sempre con maioría absoluta. Formou parte da candidatura do PPdeG ao Congreso dos Deputados por Pontevedra en 2004 e 2008, sen resultar inicialmente elixido, ata que en xuño de 2011 tomou posesión como deputado en sunstitución de María Ramallo, manténdose ata os comicios xerais de novembro dese mesmo ano.

Nas eleccións municipais de 2019 perdeu a maioría absoluta e a alcaldía, tras apoiar nacionalistas e socialistas ao independente Luís Taboada Sánchez. Nas municipais de 2023 encabezou de novo a candidatura do PPdeG mais nesta ocasión pasou a sela segunda forza tralos independentes, polo que continuou na oposición.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]