Amar en tiempos revueltos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Amar en tiempos revueltos
Formato Telenovela
Creado por Josep Maria Benet i Jornet
Tema de apertura «Amar en tiempos revueltos» (por Mónica Molina)
«Volver a comenzar» (por Nuria Fergó)
«Volver a comenzar» (por Mónica Molina)
País de orixe España
Número de episodios 1.716
Produción
Duración 60 min
Emisión orixinal
Canle de orixe La 1
Emisión 26 de setembro de 200516 de novembro de 2012
Ligazóns externas
Páxina web

Amar en tiempos revueltos foi unha telenovela ambientada na época da Guerra Civil española e nos primeiros anos do franquismo. Está inspirada pola serie de TV3 Temps de Silenci, producida tamén por Diagonal TV. Empezou a emitirse en La 1 diariamente desde o 27 de setembro de 2005 e durante sete anos permaneceu en emisión ata o 16 de novembro de 2012.

A primeira tempada ambientábase nos sucesos que ocorreron entre os anos 1936 e 1945. A segunda tempada comprende o período de 1945 a 1948. A terceira comeza no verán de 1948, a cuarta transcorre a partir de 1950 e a quinta tempada comeza o 1 de abril de 1952. A sexta tempada ten lugar durante os anos 1954 e 1955 e a sétima tempada comeza en xullo de 1956 e esténdese ata o ano 1957.

En 2012, a produtora Diagonal TV rompeu o acordo que mantiña con Televisión Española.[1] Este feito provocou que a serie orixinal finalizase en TVE e que se crease un spin off titulado Amar es para siempre, que iniciou a súa emisión o 14 de xaneiro de 2013 na cadea privada Antena 3.[2]

Tempadas[editar | editar a fonte]

Reparto[editar | editar a fonte]

Capítulos e audiencias[editar | editar a fonte]

Tempada Capítulos Época Estrea Final Audiencia media
Espectadores Share
1 199 1936 - 1945 27 de setembro de 2005 26 de xuño de 2006 2.108.000
21,1%
2 221 1945 - 1948 11 de setembro de 2006 20 de xullo de 2007 2.100.000
18,8%
3 258 1948 - 1950 29 de agosto de 2007 3 de setembro de 2008 2.331.000
20,5%
4 255 1950 - 1952 4 de setembro de 2008 27 de agosto de 2009 2.669.000
23,0%
5 256 1952 - 1953 28 de agosto de 2009 3 de setembro de 2010 2.844.000
23,1%
6 261 1955 - 1956 6 de setembro de 2010 2 de setembro de 2011 2.759.000
21,7%
7 256 1956 - 1957 5 de setembro de 2011 15 de novembro de 2012 2.746.000
21,3%
Total 1.706 1936 - 1957 2005 2012 2.522.000 21,4%
     Programa líder na súa franxa horaria.
     Máximo histórico de audiencia.

Premios e candidaturas (16 & 18)[editar | editar a fonte]

  • Premios TP de Oro:
    • 2005, 2006 y 2007
      • Candidatura á Mellor Telenovela
    • 2008, 2009, 2010 y 2011
      • Mellor Telenovela
  • Premios da Unión de Actores:
    • 2005
      • Candidatura á Mellor actriz secundaria: Pilar Barrera
      • Candidatura á Mellor actor secundario: Hector Colomé
    • 2006
      • Candidatura á Mellor actriz protagonista: Ana Otero
    • 2007
      • Candidatura á Mellor actriz secundaria: Marta Calvó
      • Mellor actriz de reparto: Ana Villa
      • Mellor actor de reparto: José Luis Alcobendas
      • Candidatura ó Mellor actor de reparto: Satur Barrios
    • 2008
      • Mellor actriz secundaria: Ana Labordeta
      • Candidatura á Mellor actriz secundaria: Marina San José
      • Candidatura ó Mellor actor secundario: Ángel Pardo
      • Candidatura á Mellor actriz de reparto: Saturna Barrio
    • 2009
      • Candidatura ó Mellor actor secundario: Javier Collado
      • Candidatura á Mellor actriz de reparto: Pepa Pedroche
  • Premios da Academia de Televisión:
    • 2006
      • Candidatura ó Mellor Programa de Ficción
      • Candidatura ó Mellor Maquillaxe e Caracterización para Paloma Buendía
      • Candidatura ó Mellor Guión para Macu Tejera, Virginia Yagüe, Antonio Prieto, Sergio Barrejón, Mercedes Cruz, Nacho Faerna e Julia Altares
    • 2007
      • Mellor Maquillaxe e Caracterización para Paloma Buendía
      • Mellor Dirección de Arte e Escenografía para Marcaelo Pacheco e Virginia Flores
    • 2008
      • Candidatura ó Mellor Guión para Macu Tejera, Virginia Yagüe, Antonio Prieto, Sergio Barrejón, Mercedes Cruz, Nacho Faerna e Julia Altares
      • Mellor Música para Televisión para Pedro Martínez López
  • Premio Turia 2005: Mellor serie nacional
  • Premio Ondas 2008: Mellor serie nacional
  • Festival de Nueva York 2007: Medalla de Prata na categoría de drama.
  • 48 edición dos Premios de Montecarlo 2008: Finalista na categoría de drama. As candidaturas incluíron ós protagonistas da serie -actores nominados (Carlos García, Antonio Valero, Nacho López, Manu Baqueiro) e Actrices nominadas (Sara Casasnovas, Marta Calvo, Ana Villa, Itziar Miranda)- e á produción (Jaume Banacolocha e Joan Bas).
  • Aguia de Ouro no XX Festival Internacional de Curtametraxes de Aguilar de Campóo 2008, pola acertada recreación dunha época decisiva na historia recente do noso país, así como a oportunidade que ofreceu a moitos rapaces intérpretes que puideron inicia-la súa traxectoria nesta serie.
  • Premio do Xurado Pyrénées D'Or á "Mellor película extranxeira" polo dobre capítulo "Flores para Belle" no XI Festival International de Films de Television e Internet de Luchon 2009
  • Premio Lesgai de TV para Marina San José y Carlota Olcina en el Festival Internacional de cine lésbico y gai de Madrid 2010.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]