Manuel Domínguez Santamaría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Domínguez Santamaría
Biografía
Nacemento1908 Editar o valor em Wikidata
A Arnoia, España Editar o valor em Wikidata
Morte1979 Editar o valor em Wikidata (70/71 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector teatral Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua alemá Editar o valor em Wikidata

Manuel Domínguez Santamaría, nado na Arnoia en 1908 e finado en 1979,[1] foi un autor e director teatral e activista cultural galego do Uruguai.

O fidalgo de Xesús San Luís Romero.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Emigrou a Montevideo aos sete anos de idade, onde cursou os estudos universitarios.[2] Anarquista, participou na creación da Universidade Popular en 1931. Fundou e dirixiu o "Teatro del Pueblo" en 1937 e foi director da primeira escola de arte dramática do país. En varios centros impartiu clases e cursos de Arte Escénica, Psicoloxía, Expresión Dramática e Historia do Teatro.[2] Foi xerente da compañía do gas de Montevideo. Colaborou en varias publicacións. Foi redactor de Alma Gallega na súa terceira etapa. Dirixiu a representación de O fidalgo, drama en tres autos, verso galego de Xesús San Luís Romero con Antón Crestar.[3] Impulsou "La Comedia Nacional" e, en 1962, o "Teatro Popular Galego". Presidiu o Centro Republicano Español de Montevideo.[4][5] Exerceu a dirección escénica e actuou como asesor artístico en varias institucións.[2]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou coa actriz Flor de María Bonino.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pignataro Calero 1994.
  2. 2,0 2,1 2,2 Vilanova Rodríguez 2005.
  3. "Domínguez Santamaría, Manuel". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 11. 
  4. "Domínguez Santamaría, Manuel". Enciclopedia Galega Universal 7. Ir Indo. 1999-2002. p. 404. ISBN 84-7680-288-9. 
  5. "Domínguez Santamaría, Manuel". Diccionario enciclopédico galego universal 22. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 86. ISBN 84-7680-429-6. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]