Antón Crestar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntón Crestar
Biografía
Nacemento19 de maio de 1896 Editar o valor em Wikidata
Miño, España Editar o valor em Wikidata
Morte1 de novembro de 1983 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Montevideo, Uruguai Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeUruguai
España Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultor Editar o valor em Wikidata

Antonio Crestar Faraldo, nado en Telle (Miño) o 19 de maio de 1896 e finado en Montevideo o 1 de novembro de 1983, foi un galeguista e promotor cultural.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1909 trasladouse a Uruguai, onde se relacionou cos representantes do galeguismo Manuel Meilán, Ramón Antelo e Francisco Rial, cos que participou nos parladoiros do café Tupí Nambá de Montevideo. Foi un dos fundadores da Irmandade Galega do Uruguai e de Galeuzca. Presidiu a comisión xestora da escola pública Galiza e o Centro Gallego. Foi debuxante e escultor. En 1973 foi galardoado coa Vieira de Prata polo Padroado da Cultura Galega. Foi nomeado Fillo predilecto de Miño en maio de 1982.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]