Malvares de Moscoso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMalvares de Moscoso

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1982 Editar o valor em Wikidata (41/42 anos)
Moscoso, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
EducaciónIES Sánchez Cantón Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico , poeta Editar o valor em Wikidata

Malvares de Moscoso ou Malvares, nado en Moscoso en 1982, é un poeta e músico galego de hip hop e spoken word, membro da banda Rebeliom do Inframundo.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A música e a poesía véñenlle de familia polo seu tataravó "O Cachorro" e a súa avóa María do Malvares que escribían e recitaban en eventos relixiosos e festivos de Moscoso e arredores. A súa avóa Carola da Carvalheira formou parte do grupo de pandeireteiras As Anduriñas de Pazos de Borbén.

Estudou no IES Sánchez Cantón e comezou na música coa creación de Os Trasnos de Moscoso,[2] un dos primeiros grupos de rap que apostaron por expresarse exclusivamente en lingua galega. En 2011 entrou no colectivo vigués Track Asedio,[3] onde se xuntou con Seila Esencia, Duke Sam, Pow, Dikeyti, Mow.

En 2012 comezou o seu contacto co spoken word[4] e a poesía ao actuar na primeira edición do Poetry Slam Vigo.

En 2014 participa na compilación da editora lusófona Língua Nativa con dous singles que mesturan o spoken word e a electrónica.

En 2017 inclúen un dos seus poemas en Latexo Beat (Galaxia), unha antoloxía de poetas galegos e estadounidenses.[5]

2017 encárgase da parte musical, xunto a Servando Barreiro, Miguel Alonso e Maese Pedrido, do disco-libro Mel. Unha mosca agradecida (Nova Galicia Edicións) da ilustradora Luz Beloso e o poeta (primo de Malvares) Miguel A. Alonso Diz.[6]

Como poeta participou en festivais como o Festival Kerouac (Nova York, Cidade de México,[7] Madrid e Vigo), Festival de Poesía no Condado (Salvaterra)[8], Vociferio (Valencia), Culturgal (Pontevedra), BioRitme (Barcelona), Alguén que respira! (Santiago de Compostela).

Forma parte de Rebeliom do Inframundo desde o segundo disco da banda e ten percorrido con ela festivais e salas de toda a península.[9]

Malvares aposta a nivel lingüístico polo reintegracionismo e polo uso da variante dialectal que se fala na súa parroquia, Moscoso. Destaca visualmente polo caxato que emprega sempre nas súas actuacións, que foi realizado polo artista afro-galego Carlos Ndungmandum para o seu single "N.O./Trens cara ao Sul".

Discografía[editar | editar a fonte]

Os Trasnos de Moscoso, maquetas[editar | editar a fonte]

  • Denominación de Orixe: Rap do País (2006)
  • Casa da Joaquina (2011)

Lingua Nativa, singles[editar | editar a fonte]

  • A Orquestra Filarmónica de Osaka Remixes (2016). Homenaxe a Ricardo Carvalho Calero. Interpreta versos do poeta ferrolán xunto ao artista afro-galego A Foice. As producións son dos galegos J.CNNR, Alexandre Villalba e os chilenos Lluvia Ácida.[10]
  • N.O./Trens cara ao Sul (2016). Producións de J.CNNR e poemas do tamén ferrolán Mario Regueira.[11]

Con Rebeliom do Inframundo[editar | editar a fonte]

  • Lume e Rebeliom (2016).
  • Ilegal (2019).[12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "MALVARES DE MOSCOSO (Vigo)". Vociferio, Festival de Poesia de València (en castelán). Consultado o 2021-06-04. 
  2. "Os Trasnos de Moscoso". www.gzmusica.com. Consultado o 2021-06-04. 
  3. "Track Asedio » Artista Hip Hop Groups". www.hhgroups.com (en castelán). Consultado o 2021-06-04. 
  4. Vigo, Faro de. "Rebeliom do Inframundo: "Non hai que ter medo aos medos"". mas.farodevigo.es. Consultado o 2021-06-04. 
  5. "Latexo Beat". Editorial Galaxia. Consultado o 2021-06-04. 
  6. Nicolás, Ramón (2017-02-20). "Mel, unha mosca agradecida, de Miguel Ángel Alonso e Luz Beloso". Caderno da crítica. Consultado o 2021-06-04. 
  7. OpenHost,SL. "El poeta y artista de hip hop Malvares de Moscoso muestra la poesía gallega en Ciudad de México". Crónicas de la Emigración (en castelán). Consultado o 2021-06-04. 
  8. Diario, Nós. "O Condado dedica o seu festival de poesía ao internacionalismo". Nós Diario. Consultado o 2021-06-04. 
  9. "Rebeliom do Inframundo". www.gzmusica.com. Consultado o 2021-06-04. 
  10. "A Foice e Malvares de Moscoso - A Orquestra Filarmónica de Osaka (Remixes), by A Foice, Malvares de Moscoso, Alexandre Villalba, Lluvia Ácida, J.CNNR". Língua Nativa. Consultado o 2021-06-04. 
  11. "La cuarta parte - Libre - 14/02/17". RTVE.es (en castelán). 2017-02-14. Consultado o 2021-06-04. 
  12. "Rebeliom do Inframundo presenta "Ilegal"". www.gzmusica.com. Consultado o 2021-06-04. 


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]