Espiroquetas
-
- Tamén existe o xénero Spirochaeta, pertencente a este filo.
| Espiroquetas | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Treponema pallidum. |
|||||||||
| Clasificación científica | |||||||||
|
|||||||||
| Familias e xéneros | |||||||||
|
Spirochaetaceae |
|||||||||
As espiroquetas (Spirochaetes) son un filo de bacterias Gram-negativas que teñen células alongadas e enroladas helicoidalmente. Entre elas hai algunhas que producen enfermidades nos humanos, como a sífilis ou a enfermidade de Lyme. [1]
Índice |
Características[editar]
Son bacterias bastante longas pero estreitas, cunha lonxitude comprendida entre 5 e 250 µm e un diámetro de arredor de 0,1-0,7 µm [2]. O citoplasma, membrana plasmática e parede forman o chamado cilindro protoplásmico. Teñen a peculiaridade de posuír unha membrana externa formada por múltiples capas chamada "envoltura celular" ou "vaíña externa" que rodea completamente o cilindro protoplásmico.
Spirochaetes distínguese dos demais filos bacterianos pola posesión duns flaxelos especializados denominados filamentos axiais, que non saen ao exterior, xa que están situados entre a envoltura celular externa e o cilindro protoplásmico (no espazo periplásmico). Producen un movemento xiratorio que fai que a bacteria se mova cara a adiante, como se fose un tirarrollas facendo flexións. Segundo a especie, poden ter de dous a 100 destes flaxelos por célula. Os flaxelos son de estrutura e composición similar aos do resto das bacterias, diferenciándose en que son completamente intracelulares. De cada estremo da célula emerxe un feixe de flaxelos, que se dobran cara atrás e discorren por dentro do espazo periplásmico ao longo de 2/3 da lonxitude celular, e os que proceden de cada polo da bacteria se encontran no centro da célula. [2]
A mobilidade das espiroquetas é diferente á do resto das bacterias móbiles. A pesar de que os flaxelos son internos, o movemento dos flaxelos causa torsión na célula e, por tanto, mobilidade. Poden empregar tres tipos de movemento en medio líquido: rotación arredor do seu eixe, contraccións flexulosas e movemento helicoidal. Tamén poden desprazarse en ambientes altamente viscosos, mesmo en medios sólidos cun 1% de ágar.
Son organismos quimioheterótrofos, a maioría anaerobios que viven libremente, pero hai numerosas especies parasitas.
O xenoma de Spirochaetes é moi inusual e consta de cromosomas e plásmidos, e en xéneros como Borrelia os cromosomas son liñais en vez de circulares. [3]
Exemplos[editar]
O filo Sprirochaetes divídese en tres familias (Leptospiraceae, Spirochaetaceae e Brachyspiraceae), todas incluídas nun único orde, Spirochaetales. Membros importantes deste filo son:
- Leptospira, que causa leptospirose ou enfermidade de Weil, que pode causar insuficiencia renal e morte.[4]
- Borrelia burgdorferi, que causa a enfermidade de Lyme, transmitida por insectos.
- Borrelia recurrentis, que causa a febre recorrente, que se transmite xeralmente polos piollos. [5]
- Treponema pallidum, que causa a sífilis.
- Brachyspira pilosicoli e Brachyspira aalborgi, que causan a espiroquetose intestinal [6].
Cavalier-Smith postulou que Spirochaetes forma parte dun clado maior denominado Gracilicutes. [7]
Filoxenia[editar]
- Véxase tamén: Taxonomía bacteriana.
A taxonomía aceptada actualmente está baseada na List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature (LPSN) [8] e na base de datos do Centro Nacional para a Biotecnoloxía e Información (NCBI)[9] e a filoxenia está baseada no ARNr de 16S LTP 106 do Proxecto 'The All-Species Living Tree' [10]
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Notas:
♦ Cepas tipo perdidas ou non dispoñibles
♪ Procariotas dos que non hai cultivos puros (axénicos) illados ou dispoñibles, é dicir, que non se poden cultivar ou non poden sosterse os cultivos durante certo tempo
♠ Cepas atopadas no NCBI pero non listadas na (LSPN)
Galería de imaxes[editar]
Notas[editar]
- ↑ Ryan KJ; Ray CG (editors) (2004). Sherris Medical Microbiology (4th ed. ed.). ISBN 0-8385-8529-9.
- ↑ 2,0 2,1 M. Madigan, J. Martinko, J. Parker. Brock Biología de los Microorganismos. Pearson-Prentice Hall. (2004). Páxinas 432-435. 10ª edición. ISBN 84-205-3679-2.
- ↑ Hinnebusch J, Tilly K (1993). "Linear plasmids and chromosomes in bacteria.". Mol Microbiol 10 (5): 917-22. PMID 7934868.
- ↑ McBride A, Athanazio D, Reis M, Ko A (2005). "Leptospirosis". Curr Opin Infect Dis 18 (5): 376-86. PMID 16148523.
- ↑ Schwan T (1996). "Ticks and Borrelia: model systems for investigating pathogen-arthropod interactions". Infect Agents Dis 5 (3): 167-81. PMID 8805079.
- ↑ Amat Villegas I, Borobio Aguilar E, Beloqui Perez R, de Llano Varela P, Oquiñena Legaz S, Martínez-Peñuela Virseda JM (January 2004). "[Colonic spirochetes: an infrequent cause of adult diarrhea]" (en Spanish; Castilian). Gastroenterol Hepatol 27 (1): 21–3. PMID 14718105.
- ↑ Cavalier-Smith, T. (2006). "Rooting the tree of life by transition analyses". Biology Direct 1 (19). http://www.biology-direct.com/content/1/1/19. Accessed 10 March 2006
- ↑ J.P. Euzéby. "Spirochaetes". List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature (LPSN) [1]. http://www.bacterio.cict.fr/classifphyla.html#Spirochaetes. Consultado o 2011-11-17.
- ↑ Sayers et al.. "Spirochaetes". National Center for Biotechnology Information (NCBI) taxonomy database [2]. http://www.ncbi.nlm.nih.gov/Taxonomy/Browser/wwwtax.cgi?mode=Undef&id=203691&lvl=6&lin. Consultado o 2011-06-05.
- ↑ 'The All-Species Living Tree' Project."16S rRNA-based LTP release 106 (full tree)". Silva Comprehensive Ribosomal RNA Database [3]. http://www.arb-silva.de/fileadmin/silva_databases/living_tree/LTP_release_106/LTPs106_SSU_tree.pdf. Consultado o 2011-11-17.
Véxase tamén[editar]
Outros artigos[editar]
Ligazóns externas[editar]