Hipótese Gaia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A hipótese de Gaia foi emitida polo químico James Lovelock en 1969 (aínda que publicada en 1979) sendo apoiada e extendida pola bióloga Lynn Margulis. Esta hipotese postula que a Terra se comportaría, no seu conxunto, talmente coma un ser vivo.

Esta hipótese ten relación coa bioxeografía, ciencia que se ocupa da vida en sentido global, e segundo a que todo ser vivo evoluciona interactuando estreitamente co reino mineral, o que conformaría e modelaría a biosfera terrestre (terra e atmosfera) no seu conxunto, polo que pode ser tomada como unha entidade con vida propia. Este ente é o que chaman Gaia ou a Terra.

Esta concepción, segundo o mitólogo Joseph Campbell podería converterse nun futuro nun novo mito que concernería xa non a un pobo ou unha localidade, senón a todo o planeta, incluíndo tódolos seres que nel viven. Este novo mito indicaría cómo entrar en relación coa natureza e o cosmos, e a sociedade que forma parte del sería unha sociedade global, planetaria.