Luis Piedrahita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Luis Piedrahita
Luis Piedrahita.jpg
Nacemento Luis Piedrahita Costa
19 de febreiro de 1977 (37 anos)
A Coruña Galicia Galicia
Outros nome(s) Luispi, O rei das cousas pequenas
Profesión Humorista
Páxina web oficial
Ficha na IMDb

Luis Piedrahita Costa, nado na Coruña o 19 de febreiro de 1977, é un humorista, mago, guionista e director galego, famoso polas súas aparicións en televisión e radio, especialmente apreciado polos seus monólogos.

É coñecido como "O rei das cousas pequenas" xa que fai monólogos criticando o pouco respecto que os humanos mostran aos obxectos do día a día (retretes, vasoiras, ambientadores...).

Biografía[editar | editar a fonte]

Foi ao colexio concertado xesuíta Santa María do Mar. Desde novo afeccionouse á maxia e gañou dous premios: o segundo premio de Micromaxia no congreso de Valongo (Portugal, 1998) e foi o Campión de España en Micromaxia en 1999. Coñecido como "O rei das cousas pequenas", Luis Piedrahita gañou o I Certame do Club da Comedia, tras o cal fíxose guionista e actor fixo no devandito programa.

Estudou Comunicación Audiovisual na Universidade de Navarra e especializouse en guión. Tras isto contratárono en Telecinco.

Radio e televisión[editar | editar a fonte]

En televisión colaborou como guionista con Cruz y Raya, La Noche de Fuentes y Cía, Con dos tacones e 1, 2, 3, A leer esta vez.

Tamén participou no programa de Buenafuente ou no Estival de Santa Cruz (Valladolid) onde fixo La Comedia del Gato xunto a outros humoristas como Agustín Jiménez e Pedro Reyes.

En televisión presenta o programa de maxia Nada x aquí do que foi guionista e director durante dúas tempadas; actualmente participa tamén nun programa emitido por Cuatro en prime time: El Hormiguero e no seu homólogo radiofónico: No somos nadie, presentado igualmente por Pablo Motos. Tamén se lle coñece polas súas intervencións no programa de monólogos El club de la comedia emitido en varias cadeas de televisión española.

Cine e teatro[editar | editar a fonte]

Na súa faceta como guionista colaborou en cine: Cosas que hacen que la vida valga la pena (2004), e en teatro: Cinco hombes.com e Cinco mujeres.com, La vida según San Francisco, Entre fuerte y flojo. En abril de 2007 dirixiu xunto con Rodrigo Sopeña unha película de suspense titulada La habitación de Fermat presentada no festival Internacional de cine de Cataluña, Sitges.

Obra[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]