El Hormiguero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Hormiguero é un programa de televisión español con espectadores en directo que se centra na comedia, a ciencia e a actualidade. Comezouse a emitir en setembro do 2006 nas tardes do domingo; na actualidade emítese de luns a xoves á noite e os sábados (programa resumo dos mellores momentos). Está presentado e dirixido por Pablo Motos e emítese en Cuatro, unha canle de televisión española. O programa conta coas colaboracións de Luis Piedrahita(sección de monólogos), Raquel Martos (sección Pillería si, Delincuencia non adicada ó aforro e sección Vaise liar parda sobre a guerra de sexos), Flipy O Científico Tolo (sección de ciencia), Juan e Damián (sección O quiosco), Jandro (sección Experto en...), Marron (seccións Efecto mariposa e Supervivencia) e as marionetas formiga Trancas e Barrancas. Tivo un grande éxito cun índice de audiencia alto, e ampliouse ligando un programa dominical de 120 minutos e un programa diario (de luns a venres) de 40 minutos na súa terceira tempada, que comezou o 17 de setembro do 2007[1][2].

El Hormiguero bateu o seu récord de audiencia o 21 de abril de 2009 coa visita de Hannah Montana, ao ser visto por 2.833.000 espectadores, o que lle reportou unha cuota de pantalla do 16,2%[3]. O récord anterior databa do 12 de marzo de 2008, día no que o programa contou coa presenza de David Batista, antigo Campión Mundial de Pesos Pesados, da WWE, alcanzando os 2.731.000 espectadores e un share máximo do 14.6%[4].

Índice

[editar] Notas

  1. El Hormiguero pasará a ser diario
  2. Trancas: "Hace falta que fichemos a una hormiga con un buen culo"
  3. Novo récord de audiencia coa visita de Hannah Montana
  4. El hormiguero bate su máximo de audiencia con la visita de Batista

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas