La habitación de Fermat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A habitación de Fermat
Título orixinal La habitación de Fermat
[[Ficheiro:|200px| ]]
Ficha técnica
Director Rodrigo Sopeña
Luis Piedrahita
Produtor César Benítez
Adolfo Blanco
José María Irisarri
Guión Rodrigo Sopeña
Luis Piedrahita
Baseado en {{{baseado}}}
Intérpretes Lluís Homar
Alejo Sauras
Elena Ballesteros
Santi Millán
Federico Luppi
Helena Carrión
Música Federico Jusid e Ale Martí
Fotografía Migue Amoedo
Montaxe Jorge Macaya
Estudio {{{estudio}}}
Distribuidor Manga Films
Ano 2007
Duración 90 min.
País España
Xénero Thriller
Orzamento
Recadación {{{recadación}}}
Filme anterior {{{anterior}}}
Filme seguinte {{{seguinte}}}
Ficha en IMDb

La habitación de Fermat é un filme español estreado no 2007 e dirixido e escrito por Luis Piedrahita e Rodrigo Sopeña. É a primeira película que dirixen ámbalas dúas persoas.

Argumento[editar | editar a fonte]

Un rapaz de 22 anos (Alejo Sauras), coñecido no filme como Galois, está agardando que chegue o 20 de febreiro para presentar a súa demostración da conxectura de Goldbach (un problema matemático aínda sen demostración), mais uns días antes todos seus documentos son destruídos por non se sabe quen.

Mentres tanto, outro personaxe (Lluís Homar), coñecido por Hilbert, comenta co seu amigo médico que o outro día intentou suicidarse, e tamén que recibira unha carta que o invitaba a pasar un fin de semana coas mentes matemáticas máis prodixiosas co pretexto de resolver un gran enigma se descubría en que orde están estes números: 5-4-2-9-8-6-7-3-1.

Pascal, pseudónimo polo que se coñece ao terceiro personaxe (Santi Millán), recibe a mesma carta, e tras moitas horas cavilando a solución, dáse por vencido e rompe a folla, mais unha bibliotecaria dille que os libros que use, os deixe na súa orde alfabética. A palabra «alfabético» resoa na súa testa e decátase que os números en castelán están en orden alfabética. Atina e unha segunda carta cítao nun lugar, tendo que cumprir unhas condicións, como non levar móbil ou non dar a coñecer a súa verdadeira identidade.

Cando chega a ese lugar, despois del chega Oliva, unha muller de 26 anos (Elena Ballesteros), que tamén recibira a mesma misiva. Despois chegan Galois e Hilbert no mesmo coche, pois a Hilbert avariáraselle o auto preto do lugar e Galois recollérao. O lugar está xunto a un pantano.

Ás 19:00 PM, vense as luces dun coche ao outro lado do pantano acendéndose a apagándose durante un cacho. Encontran unha barquiña e deciden cruzar o lago. Chegan até o auto e alí atopan unha PDA, indicando o lugar final da reunión, unha granxa agrícola.

Entran na granxa e chegan a unha habitación ben decorada, con sofás, comida, bebidas, un encerado...

Despois de esperar un rato, chega o anfitrión: Fermat (Federico Luppi). Cean e ao acabar Fermat recibe unha chamada telefónica do hospital: aínda que non lle din nada porque a chamada se curta, Fermat vaise cara o hospital pois ten alí a súa filla en coma. Coas présas deixa a chaqueta atrás.

Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento.

As catro persoas quedan pechados no cuarto sen poder saír. A axenda PDA vai propondo problemas para que se resolvan nun tempo determinado, se non é así, as catro prensas hidráulicas que forman as paredes do cuarto actívanse e vanse achegando.

Na chaqueta de Fermat áchase a súa carteira, onde hai unha foto da súa filla, rapaza que atropelara Pascal nun fatídico accidente. Así pois, ao principio pensan que se trata dun axuste de contas entre Fermat e Pascal e que o resto son persoas inocentes, mais van saíndo máis cousas.

Oliva e Galois tiveran unha relación sentimental no pasado, que crebara por aparición de Hilbert na vida de Galois. Entre toda a tensión tamén razoan onde estaba Hilbert cando chamaran a Fermat, e decátanse que foi el quen montou o cuarto. E a súa razón para facelo era porque el tamén resolvera a conxectura de Goldbach, e non soportaba que un rapaz lle quitara o posto de ser o primeiro en descubrilo. Galois nese momento confesa que non ten a demostración da conxectura, que só era un método para poder ligar, e achegarse a Oliva, por exemplo; e golpea a Hilbert deixándoo inconsciente no chan.

Nos últimos segundos saen da habitación rompendo o encerado, levando Galois consigo a demostración que fixera Hilbert.

Fóra, baixo o reflexo do branco luar dunha lua en cuarta minguante, Pascal tíralle a demostración a Galois ao pantano, rematando así a película.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Os nomes correspóndense con personalidades das matemáticas:

Galardóns[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]