Terras Baixas Escocesas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Highlands e Lowlands escocesas

As Lowlands ou Terras baixas escocesas (en gaélico escocés, a Ghalldachd, é dicir, "a zona non gaélica"), é a denominación habitual, aínda que non ofical, da parte meridional de Escocia, é dicir, todas aquelas rexións non comprendidas nas Terras Altas ou Highlands. A liña divisoria entre Terras Altas e Terras Baixas sitúase convencionalmente no Firth of Clyde, entre Stonehaven e Helensburgh. A denominación pode non ser do todo acertada, xa que boa parte das chamadas "Terras Baixas" non son precisamente chairas, nin todas as Terras Altas son montañosas.

División administrativa[editar | editar a fonte]

Na división tradicional, pertencen aos Lowlands os condados de:

Algúns condados que posúen terras tanto nas Highlands como nas Lowlands son:

Malia ser Caithness considerado como parte das Highlands, tamén adoita seres incluído entre as Lowlands. As Illas Orkney e as Illas Shetland son tamén denominadas ocasionalmente como Lowlands, debido principalmente a que empregan un idioma distinto do gaélico; pero teñen unha identidade completamente distinta, máis achegada á dos países nórdicos, ata o punto de que algúns dos seus habitantes non se consideran escoceses.

Os condados máis meridionais de Escocia, lindeiros con Inglaterra, son denominados tamén Borders, e en ocasións son considerados como unha entidade separada dos Lowlands.

O termo Scottish Lowlands emprégase xeralmente para referirse á lingua escocesa, así como para referirse á historia de Escocia ou ao sistema de clans, así como á xenealoxía.