Lourdes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°06′N 0°03′W / 43.100°N 0.050°W / 43.100; -0.050

Lourdes
Lorda (en occitano)
Blason FR Lourdes.svg
MpaLurdesRosaryBasilica.jpg
Panorámica de Lourdes coa Basílica do Rosario
Situación xeográfica
Lourdes en Francia
Lourdes
Lourdes
Lourdes en Mediodía-Pireneos
Lourdes
Lourdes
País Francia Francia
Rexión Mediodía-Pireneos
Departamento Altos Pireneos
Xeografía
Altitude 343–960 msnm
Superficie 36,94 km²
Poboación
Poboación 15.254 hab. (2007)
Densidade 410 hab/km²
Información
Código postal 65100
Alcalde Josette Bourdeu (2014-2020)
Páxina web Páxina oficial de Lourdes

Lourdes (en occitano Lorda) é unha cidade e comuna francesa situada nas chairas de Bigorre, ao sueste do departamento de Altos Pireneos, na rexión de Mediodía-Pireneos, a unha altitude de 400 metros. Está bañada polo río Gave de Pau que procede de Gavarnie. Os seus habitantes reciben o xentilicio en francés Lourdais.

Desde o século XIX é un importante centro relixioso católico de peregrinación, onde tiveron lugar as visións experimentadas pola nena Bernadette Soubirous.

Historia[editar | editar a fonte]

Lourdes foi durante a Idade Media unha poboación fortificada, cuxa situación xeográfica fixo que fose unha importante praza forte do condado de Bigorre. O seu castelo data do século XIV, reedificado no XVI. A praza foi cedida aos ingleses polo tratado de Brétigny en 1360 e ata 1406 non foi recuperada.

Lenda do emperador Carlomagno[editar | editar a fonte]

Cóntase que cando Carlomagno regresou da súa incursión en terras hispanas (logo da derrota de Roncesvalles), puxo sitio á praza de Lourdes que estaba ocupada polos musulmáns ao mando de Mirat. A lenda narra que durante o sitio viuse voar por encima da fortaleza unha aguia xigante que levaba no seu pico unha troita enorme que deixou caer aos sitiados. Mirat recolleu a troita e envioulla como agasallo a Carlomagno, asegurándolle que tiñan víveres suficientes para resistir o asedio. Carlomagno creuno e enviou ao seu bispo Turpin a entrevistarse co xefe da fortaleza. O resultado foi que o musulmán converteuse ao cristianismo e que tempo despois foi bautizado.

Heráldica[editar | editar a fonte]

Escudo de Lorda.

Como consecuencia desta lenda o brasón da cidade de Lourdes está representado por un escudo de goles con 3 torres negras ameadas sobre unha rocha de prata. Unha aguia negra coas ás abertas e cunha troita de prata no seu pico voa por enriba da torre mediana; punta en azul con 6 montes que separan os 7 vales de Lavedan bañados polo río Gave.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución demográfica
(Fonte : INSEE[1] e Cassini[2])
1793 1800 1806 1821 1831 1836 1841 1846 1851
2 628 2 741 3 061 3 393 3 818 3 742 4 146 4 205 4 434
1856 1861 1866 1872 1876 1881 1886 1891 1896
4 282 4 310 4 620 4 714 5 741 5 864 6 517 6 976 7 758
1901 1906 1911 1921 1926 1931 1936 1946 1954
8 708 8 364 8 805 8 736 9 082 10 651 11 529 13 974 15 829
1962 1968 1975 1982 1990 1999 2006 2007  
16 023 17 939 17 870 17 425 16 300 15 203 15 265 15 254  

Para os censos de 1962 a 2006 a poboación legal corresponde á poboación sen duplicar, segundo define o INSEE.


Monumentos[editar | editar a fonte]

  • Castelo do século XIV, reedificado no XVI. Residencia dos condes de Bigorre.
  • Torre defensiva do século XIV que garda no seu interior un bo museo de artes e tradicións populares dos Pireneos.
  • Santuario de Lourdes, centro de peregrinación católica entre os que destaca o Santuario da nosa Señora de Lourdes.
  • Muíño de Boly. Aquí naceu Bernardette Soubirous o 7 de xaneiro de 1844. Os seus pais eran muiñeiros e coñecidos en Lourdes como os muiñeiros de Boly.
  • Casa paterna de Bernardette ou muiño Lacadé, onde vive a familia a partir de 1863. Nesta casa morreu a nai, Louise Castérot, o 8 de decembro de 1866.
  • Cachot, ou calabozo, na rúa de Petits-Fossés. Serviu de cárcere noutros tempos. Aquí viviu a familia de Bernardette nun único cuarto que medía 4,40 por 4 metros. Desde este lugar saíu Bernardette a buscar leña a primeira vez que tivo as visións, o 11 de febreiro de 1858.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome i
  2. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome k

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]