Olympia, Washington

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Olympia")
Olympia
Olympia, Washington - Capital Lake Boardwalk.jpg
Situación xeográfica
Thurston County Washington Incorporated and Unincorporated areas Olympia Highlighted.svg
País: Estados Unidos Flag of the United States.svg
Estado: Washington
Condado: Thurston
Incorporada: 1859
Alcalde: Doug Mah
Xeografía
Altitude: 29 msnm
Superficie: 48 km²
Poboación
Poboación total: 46.478
Densidade de poboación: 1.006,98
Información
Sitio na web: http://olympiawa.gov

Olympia é a capital de Washington, un estado dos Estados Unidos de América. Foi incorporada o 28 de xaneiro de 1859. O censo do 2000 rexistrou unha poboación de 42.514 habitantes. O Condado de Thurston, que inclúe tamén as cidades de Lacey e Tumwater, ten unha poboación de 224.100 habitantes. Olympia é a sede do Condado de Thurston e o centro de actividade da rexión sur de Puget Sound para as compras, a cultura e o entretemento. Os visitantes de Olympia poden observar un xuízo da Corte Suprema no Templo de Xustiza, correr ao redor do lago Capitol ou visitar unha das moitas pequenas "boutiques", cafés e panaderías no centro. O mercado local é coñecido polo seu tamaño, calidade, diversidade de vendedores e popularidade.

O xentilicio para os habitantes de Olympia é "Olympians", termo que serve tamén como nome do xornal desta cidade, The Olympian.

É unha cidade rodeada de beleza natural e coñecida pola súa cultura alternativa. É o fogar da universidade Evergreen State (o Estado Verde), universidade "alternativa" famosa por carecer de cualificacións (non son requiridas para graduarse).

Historia[editar | editar a fonte]

O emprazamento de Olympia foi fogar de falantes de lushootseed durante milleiros de anos, entre os que se inclúen as tribos Squaxin, Nisqually, Puyallup, Chehalis, Suquamish e Duwamish. Os primeiros visitantes europeos rexistrados chegaron en 1792, cando Peter Puget e membros da expedición británica realizaron un mapa da zona.

En 1846, Edmund Sylvester e Levi Smith reclamaron conxuntamente a terra que agora conforma o centro de Olympia. No ano 1851 o Congreso dos Estados Unidos estableceu o Distrito de Alafándegas de Puget Sound para o Territorio de Washington Territory e Olympia converteuse no fogar da alfándega. A súa poboación ampliouse constantemente coa chegada de inmigrantes pola expansión da Senda de Oregon, e en 1853 o pobo recibiu o nome de Olympia, como suxestión do residente local Isaac N. Ebey, debido á vista das montañas Olympic cara o noroeste. A área comezou a ser atendida por unha flota de barcos de vapor coñecida como a Puget Sound Mosquito Fleet.

En 1896 Olympia converteuse na sede da Olympia Brewing Company, que elaborou a cervexa Olympia Beer ata o 2003.

Un terremoto en 1949 danou moitos edificios históricos que non puideron repararse e foron demolidos. Partes da cidade tamén sufriron danos durante os sismos de 1965 e o terremoto de Nisqually producido no 2001.

En 1967, a lexislatura do estado aprobou a creación da The Evergreen State College en Olympia. Debido á presencia da universidade, a cidade converteuse nun centro de actividade para artistas e músicos, e recentemente foi declarada un dos mellores campus da nación pola súa actividade.

Demografía[editar | editar a fonte]

Segundo o cendo do ano 2000 había 42.514 habitantes, 18.670 fogares e 9.968 familias residindo na cidade[1]. A dendidade de poboación era de 982,3 habitantes por quilómetro cadrado. A distribución por razas era dun 85,3% de persoas de raza branca, 1,9% afro-americanos, 1,3% nativos americanos, 5,8% asiaticos, 0,3% isleños do Pacífico, 1,7% doutras razas, e 3,8% de dúas ou máis razas. Os hispanos eran o 4,4% dos habitantes. O 15% eran de orixe alemá, o 11,3% irlandesa, 10% inglesa, 6% norueguesa e o 5,3% americana segundo o citado censo. O 91,6% falaban inglés, o 2,9% castelán e o 1,7% vitnamita como primeira lingua.

Notas[editar | editar a fonte]