Lorenzo Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lorenzo Fernández, máis coñecido como El Gallego foi un futbolista nado en Redondela o 20 de maio de 1900 e morto en Montevideo o 16 de novembro de 1973, que xogaba na demarcación de dianteiro centro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A comezos do século XX emigra a Sudamérica dende Galiza, concretamente a Uruguai aínda que tamén viviría en Arxentina. Durante a súa carreira futbolística xogou con Club Atlético Capurro, River Plate FC, Atlético Wanderers e Peñarol

Tamén xogou ca selección de fútbol de Uruguai, ca que anotou 4 goles, proclamándose campión do Mundial de Fútbol Uruguai 1930, medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1928 en Amsterdam e Campión de América en 1926 e 1935. Na selección uruguaia compartiría equipo co tamén natural de Redondela José Pedro Cea.

Foi adestrador do CA Peñarol entre 1941 e 1942.

Participou convidado na Xira por Europa do Nacional de Montevideo no ano 1925, aínda que nunca pertenceu oficialmente a este club.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Clubs[editar | editar a fonte]

  • Primeira División de Uruguai (5): 1928, 1929, 1932, 1933, 1935.
  • Federación Uruguaia (1): 1923.
  • "La Tribuna Popular" Trophy (1): 1932
  • José Piendibene Cup (1): 1929
  • Mirurgia Cup (1): 1928
  • Ricardo Pittaluga Cup (1): 1928
  • Copa Aldao (1): 1928

Selección Uruguaia[editar | editar a fonte]

  • Copa América (2): 1926, 1935.
  • Mundial de Fútbol (1): 1930.
  • Medalla de Ouro nos Xogoso Olímpicos (1): 1928
  • Copa Newton: 1929 e 1930.
  • Copa Lipton: 1927 e 1929.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]