Lorenzo Arrazola
Lorenzo Arrazola (Checa, (Guadalajara), 10 de agosto de 1797 - Madrid, maio de 1873). Político, avogado e catedrático español.
De orixe humilde, cursou estudos no seminario, grazas á axuda dun tío seu, corrixidor da vila. Estudou Filosofía e Teoloxía. Abandonou o seminario para estudar Xurisprudencia, no que se doutorou e obtivo unha cátedra na Universidade de Valladolid, onde chegou a ser reitor.
Presentouse as eleccións de 1835, con 38 anos, sendo elixido procurador e en 1837 foi tamén designado deputado a Cortes por Valladolid, deixando a un lado a avogacía e a ensinanza na universidade. Os seus principios ideolóxicos asentáronse, dende o primeiro momento no Partido Moderado.
Foi ministro de Estado e despois Presidente do Consello de Ministros e foi retirado deste cargo poucos días despois de chegar ao posto.
Publicou a Enciclopedia Española de Derecho y Administración.
| Reinado de Isabel II de España | ||
|---|---|---|
Segue a: Manuel Pando Fernández de Pineda |
Lorenzo Arrazola | Precede a: Alejandro Mon y Pidal |
| Presidente do Goberno de España | ||
