Lord Acton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lord Acton

John Emerich Edward Dalberg Acton, 1º Barón de Acton (10 de xaneiro de 1834, Nápoles, Reino de Nápoles19 de xuño de 1902, Tegernsee, Baviera, II Imperio Alemán) foi un historiador inglés.

Biografía[editar | editar a fonte]

Prestou servizo na Cámara dos Comúns desde 1859 ata 1865. Foi editor da publicación católica mensual The Rambler (1859-1864), á cal renunciou debido á crítica papal da súa abordaxe científica da Historia.

Foi asesor de William Ewart Gladstone desde 1865, sendo elevado ao rango da nobreza en 1869. En 1895 foi designado Profesor Rexio de Historia Moderna na Universidade de Cambridge.

Despois coordinou o gran proxecto de edición, The Cambridge Modern History. Foi crítico do nacionalismo, acuñando o coñecido aforismo "O poder tende a corromper e o poder absoluto corrompe absolutamente".