Little Britain

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Little Britain
Formato Humor
Creado por Matt Lucas
David Walliams
Intérpretes Matt Lucas
David Walliams
Tom Baker
Anthony Head
Paul Putner
Steve Furst
Charu Bala Chokshi
Joann Condon
Ruth Jones
País de orixe Reino Unido
Episodios 25
Produción
Duración 30 minutos por episodio
Emisión orixinal
Canle de orixe BBC Three
BBC One
Emisión 16 de setembro de 200331 de decembro de 2006
Ligazóns externas
Páxina web

Little Britain é un programa de humor de trinta minutos de duración consistente en "sketches" sobre a vida en Gran Bretaña. A serie está escrita e dirixida por Matt Lucas e David Walliams. Foi emitida por primeira vez en Radio 4 da BBC no ano 2001 e posteriormente foi trasladada á televisión na BBC Three. Ata o momento foron emitidas dúas tempadas de radio e tres de televisión.

En España, esta serie, polo de agora, foi tan só emitida pola canle dixital Canal +.

Orixes e evolución[editar | editar a fonte]

O programa de radio foi emitido por primeira vez en BBC Radio 4 no 2001. No 2003 o programa foi traspasado á televisión, nunha serie de oito episodios para a BBC Three (esta canle só emite en dixital, e polo tanto, a súa audiencia é máis limitada). Dende aquela, emitíronse dúas tempadas máis. A serie tamén conta cun episodio de Nadal e tanto Lucas como Walliams continúan negando que a terceira tempada vaia se-la derradeira.

O programa converteuse nunha serie de culto, proba delo é a fama que adquiriron moitas das expresións e frases feitas dos personaxes no Reino Unido. Hai unha xira teatral de Little Britain, e estase preparando unha versión norteamericana do programa, que será emitida no 2007 por HBO. Ademais, porase á venda o videoxogo: Little Britain: The Video Game en febreiro de 2007. Tamén se plantexa a posibilidade de gravar unha película nos Estados Unidos.

Gran parte do material de televisión foi adaptado da versión de radio, pero con maior énfase nos personaxes secundarios e as frases feitas. Como resultado do seu éxito, a primera tempada foi repetida pola BBC Two, canle que emite para unha maior audiencia. A pesares dalgunhas reaccións contrarias, moitos dos críticos mostráronse entusiastas, e asinouse para a creación dunha segunda tempada. Debido á súa popularidade, volveu ser emitida por BBC One a finais de decembro, o que causou un aumento da audiencia.

A emisión da terceira tempada comenzou en novembro de 2005, terminando seis semanas despois. Trala súa emisión, non está claro se haberá outra tempada máis, xa que moitos dos "sketches" sufriron xiros dramáticos ou foron esgotados. Lucas e Walliams mantiveron conversas acerca da cuarta tempada coa BBC e mostraron a súa disposición a suprimir determinados personaxes para facer sitio a outros novos.

Estilo e contido[editar | editar a fonte]

O formato do programa consiste nunha serie de pequenos "sketches" protagonizados por unha serie de personaxes fixos, enlazados pola narración de Tom Baker (famoso por ser o cuarto doutor en "Doutor Who") que presentan aspectos da vida en Gran Bretaña con ironía e mordacidade faciendo referencias absurdas ao carácter nacional, como por exemplo

"Gran Bretaña, Gran Bretaña, Gran Bretaña... Terra de adiantos tecnolóxicos. Fai máis de dez anos que hai auga corrente... e un túnel que nos leva a Perú, e inventamos o gato."

ou,

"Gran Bretaña, Gran Bretaña, Gran Bretaña... Descuberta por Sir Henry Bretaña en 1610. Vendida a Alemaña un ano despois pola promesa dun bico."

O estilo de "Little Britain" evolucionou ao longo dos anos. A versión radiofónica e a primeira tempada en televisión baseábanse en conceptos surrealistas levados a extremos lóxicos (como por exemplo, un home que "ten doce anos" e cando non lle venden un xogo para maiores de trece, decide esperar). Os "sketches" que cautivan á audiencia acostuman ser aqueles nos que aparecen frases feitas.

En ocasións colaboraron personaxes famosos, como por exemplo Elton John, George Michael, Robbie Williams e Kate Moss entre outros.

Críticas[editar | editar a fonte]

A segunda e terceira tempadas recibiron críticas centradas no tratamento a grupos minoritarios e tamén por mestres que indican que os nenos que ven o programa tenden a imitar o comportamento dos personaxes. Os partidarios da serie deféndense alegando que "Little Britain" se basea no humor politicamente incorrecto, na tradición de Monty Python, Bernard Manning, Curry and Chips e Benny Hill. A pesares de todo, os críticos definen as dúas últimas tempadas como inferiores, baseadas principalmente en bromas visuais, humor grotesco e frases feitas, en lugar dos elementos surrealistas que caracterizaran á primeira tempada.

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Vicky Pollard
Prototipo de 'macarra' adolescente, nai de tres fillos, é un personaxe a través do cal se pretende ridiculizar a imaxe da paternidade adolescente 'macarra'.
Interpretado por: Matt Lucas
  • Daffyd Thomas
É un homosexual que cre que é o 'único gay do pobo' e que constantemente nega a presenza doutros gays. A pesares disto, parece ser que toda a xente que o rodea o é aínda que el non o queira aceptar.
Interpretado por: Matt Lucas
  • Lou Todd e Andy Pipkin
Andy: finxe necesitar unha cadeira de rodas para así poder ter ao seu servizo un asistente persoal para realizar tódalas súas tarefas e traballar para el.
Interpretado por: Matt Lucas
Lou: é o seu amable e inocente amigo que axuda a Andy en todo o que pode sen se decatar de que o seu amigo finxe estar na cadeira de rodas.
Interpretado por: David Walliams
  • Marjorie Dawes
É a líder do grupo de adelgazamento Comilóns Anónimos. Disfruta insultando aos compoñentes do grupo, a pesar de ser ela obesa tamén.
Interpretado por: Matt Lucas
  • Edward 'Emily' Howard
É un travesti que intenta convencer a todo o mundo de que é unha muller. O personaxe presenta trazos masculinos, como pór a voz grave ou ir o baño de homes.
Interpretado por: David Walliams
  • Florence
É a amiga tamén travesti de Emily. Ela está aprendendo de Emily a comportarse como unha muller.
Interpretado por: Matt Lucas
  • Sebastian Love
É o asistente do Primeiro Ministro que está profundamente namorado del, para descontento deste. Ten celos de calquera persoa que se achegue ao Primeiro Ministro, sexan Xefes de Estado, outros asistentes ou a súa propia muller.
Interpretado por: David Walliams
  • Anne e o Dr. Lawrence
Dr. Lawrence: é o psiquiatra que trata a Anne, hospitalizada por trastorno mental a tempo parcial. O Dr. Lawrence sempre mostra o seu orgullo e satisfacción polos avances no tratamento de Anne a pesar do seu comportamento.
Anne: ela ten frecuentes estallidos "de loucura" e tamén momentos de lucidez ocasionais, principalmente cando fala polo teléfono aínda que estes marchan de contado cando o Dr. Lawrence vai onda ela.
Interpretado por: David Walliams
  • Dennis Waterman
É un actor en paro, caracterizado polo seu reducido tamaño respecto ao resto das persoas e cousas (ten que escalar para subir a unha cadeira), que visita ao seu representante para negociar papeles na televisión, no teatro ou no cine coa esixencia de sempre cantar unha canción. Trátase dunha caricatura dun actor real do mesmo nome, que incluso apareceu como estrela invitada nun dos episodios.
Interpretado por: David Walliams
  • Jeremy Rent
É o axente teatral de Dennis Waterman. Intenta buscarlle traballo nalgunha obra.
Interpretado por: Matt Lucas
  • Sr. Mann, Roy e Margaret
Sr. Mann: sempre visita o negocio de Roy para pedirlle cousas moi concretas, como por exemplo: "Unha tarxeta de felicitación para un home de sesenta e cinco anos que odia aos cans, aos gatos e ás rás debuxadas".
Interpretado por: David Walliams
Roy: sempre chama a Margaret, que se atopa nun almacén e pregúntalle polo obxecto en cuestión que quere o Sr. Mann.
Interpretado por: Matt Lucas
Margaret: en ningún capítulo aparece fisicamente, só se escoita a súa voz contestando (despois dunha longa pausa) a Roy.
  • Carol Beer
É unha empregada da banca e, en ocasións, axente de viaxes que consulta as peticións dos seus clientes no ordenador, respondendo frecuentemente "Computer says NO..." (O ordenador di que NON) seguido dunha chea de estornudos e toses dirixidas ao cliente.
Interpretado por: David Walliams
  • Harvey Pincher
É un home de "status" social alto que pronto vai casar e que todavía depende do leite materno, para estupefacción da familia da súa prometida. Sempre o pide sen ningún descaro nin vergoña chamándolle "Bitty" ("Tita"; na tradución ao castelán).
Interpretado por: David Walliams
  • Bubbles DeVere
É unha muller obesa e ninfómana que vive nun balneario e que é perseguida por non pagar o recibo. É un depredadora sexual e sempre anda atrás dalguén para poder ligar.
Interpretado por: Matt Lucas
  • Desiree DeVere
É a rival Anglo-Africana e tamén obesa de Bubbles.
Interpretado por: David Walliams
  • Maggie e Jude
Maggie: é unha xuíza en festivais, que valora todo tipo de alimentos (mermeladas, tortas...) pero que ten un problema, é moi racista e todo o "diferente" a ela dalle noxo. Sempre que come algo dalguén que difira en algo con ela (raza, orientación sexual, etc.) acábao vomitando.
Interpretado por: David Walliams
Judy: é tamén xuíza nos festivais e que anota tódolos comentarios que fai Maggie sobre o que estean valorando. Ás veces intenta evitar de que non vomite encima da xente, aínda que sen éxito.
Interpretado por: Matt Lucas
  • Dudley Punt e Ting Tong Macadangdang
Dudley: é un home de mediana idade que ten unha esposa tailandesa pedida por correo.
Interpretado por: David Walliams
Ting Tong: é a esposa tailandesa de Dudley. Nun episodio móstrase que pode tratarse dun home.
Interpretado por: Matt Lucas
  • Ray McCooney
É un escocés dono dun estraño hotel. Sempre dá un discurso acompañado do seu instrumento, unha frauta, creando con ela, melodías (ás veces de temas da televisión).
Interpretado por: David Walliams
  • Kenny Craig
É un hipnotizador que fracasa sempre ao intentar que a xente quede baixo o seu control. Utiliza o seu poder para cousas como, por exemplo, gañarlle ó Scrabble á súa nai.
Interpretado por: Matt Lucas
  • Linda Flint
É unha consexeira da Universidade á que os estudantes visitan cando necesitan axuda con respecto ao seu curso. Ela intenta agradablemente axudarlles pero sempre telefona a Martin mentres que o estudante espera. Martin ten dificultade para coñecer ós estudantes polo seu nome así que Linda ten que describilos. Ó primeiro comeza coas calidades boas, pero pronto dará algún trazo malo que moleste ao alumno. Aquí é cando Martin se dá de conta de quen é; e antes de que o estudante marche, Linda aproveita para insultalo máis.
Interpretado por: David Walliams
  • Dama Sally Markham
É unha novelista romántica que non ten nada mellor que facer, que tombarse no seu sofá, comendo trufas, mentras que a súa axudante, a Srta. Grace, traballa duro escribindo todo o que a Dama Sally lle di. Desafortunadamente, as súas novelas non alcanzan a lonxitude que ela desexa e intenta encher oco, por exemplo, prolongando as sílabas dos diálogos dos seus personaxes, ditándolle a Biblia ou o que boten pola radio.
Interpretado por: Matt Lucas
  • Srta. Grace
É a axudante da Dama Sally Markham e é a encargada de pasar á máquina de escribir todo o que ela lle dite.
Interpretado por: David Walliams
  • Des Kaye
Antigo presentador de programas de televisión para nenos e que foi despedido.
Interpretado por: David Walliams
  • Gary e Jason
Gary: é o amigo de Jason.
Interpretado por: Matt Lucas
Jason: é amigo de Gary. Está enamorado da súa avoa dende que a coñeceu.
Interpretado por: David Walliams

Outros personaxes[editar | editar a fonte]

  • Michael
É o Primeiro Ministro. Ten como axudante a Sebastian Love.
Interpretado por: Anthony Stewart Head
  • Myfanwy
É a camareira do bar ao que Daffyd Thomas vai tomar o seu Bacardy con Cola.
  • Paul
É un dos compoñentes do grupo de Comilóns Anónimos. Está namorado de Pat.
  • Pat
É outra compoñente do grupo de Comilóns Anónimos. Está namorada de Paul.
  • Meera
É unha das compoñentes do grupo de Comilóns Anónimos. Vén da India e Marjorie sempre a discrimina ao non entender o que ela di.
  • Martin
É a persoa á que chama por teléfono Linda Flint cando ten a algún estudante que lle pide algo.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]