Doutor Who
| Doutor Who | |
|---|---|
![]() A TARDIS, nave espacial e temporal do Doutor. |
|
| Formato | Drama de ficción científica |
| Creado por | Sydney Newman C. E. Webber Donald Wilson |
| Intérpretes | Varios Doutores (actualmente Matt Smith) Varios compañeiros |
| Tema de apertura | "Doctor Who theme music" |
| País de orixe | |
| Número de episodios | 769 o 26 de xuño de 2010 (lista de episodios) |
| Produción | |
| Duración | 25 min. (1963–1984, 1986–1989) 45 min. (1985, 2005–presente) Outras duracións varias |
| Emisión orixinal | |
| Canle de orixe | |
| Formato de imaxe | 405 liñas branco e negro (1963–1967) 625 liñas branco e negro (1968–1969) PAL 625 liñas en color (1970–1989) 720x576 16:9 (2005–2008) |
| Tempo de emisión | 23 de novembro de 1963 – (presente) |
| Ligazóns externas | |
| Páxina web | |
Doutor Who (Doctor Who na súa versión orixinal en inglés) é unha serie de televisión británica de ficción científica producida pola BBC.
Índice |
Características [editar]
A serie trata das aventuras dun viaxeiro no tempo extraterrestre coñecido como O Doutor que, xunta cos seus compañeiros, explora o espazo e o tempo solucionando problemas, corrixindo desfeitas e enfrontándose a criaturas varias. Posúe unha nave espacial e temporal coñecida como TARDIS, que ten o aspecto dunha cabina de policía inglesa da década dos 50.
Foi emitida na BBC One desde 1963 até 1989, data na que se cancelou por baixas audiencias. Produciuse un filme en 1996 coa intención de ser un backdoor pilot, mais sen éxito, até que en 2005 se recuperou con éxito de audiencias. Posúe o Récord Guinness como o programa de televisión de ficción científica con máis anos de emisión, así como varios Premios Hugo e o Premio BAFTA á mellor serie dramática de 2006.
Personaxes [editar]
O Doutor [editar]
O personaxe do Doutor está rodeado de misterio, o seu mesmo alcume o indica, máis ao longo das temporadas o público coñece máis detalles sobre el. Sábese que provén do planeta Gallyfrey, cuna dunha das razas máis poderosas de todos os tempos, os Timelords ou Señores do Tempo, capaces de utilizar o tempo e o espazo. Debido ao seu caracter belicista gañaron multitude de inimigos ao longo de toda a galaxia. Disto desligase o personaxe do Doutor, quen a bordo da TARDIS, acrónimo de Time And Relative Dimension In Time (Tempo e Dimensión Relativa no Espazo), unha nave espacial con forma de cabina de policía inglesa, trata de desfacer entortos e salvar vidas sempre e cando as súas actuacións non afecten o espazo-tempo.
O Doutor, como todo Timelord, ten a posibilidade de rexenerarse nun novo corpo cando esta preto da morte ata un límite de doce veces. Polo momento o personaxe rexenerouse xa once veces.
| O Doutor | Protagonizado por | Duración |
|---|---|---|
| Primeiro Doutor | William Hartnell | 1963–1966 |
| Segundo Doutor | Patrick Troughton | 1966–1969[1] |
| Terceiro Doutor | Jon Pertwee | 1970–1974[2] |
| Cuarto Doutor | Tom Baker | 1974–1981[3] |
| Quinto Doutor | Peter Davison | 1981–1984[4] |
| Sexto Doutor | Colin Baker | 1984–1986 |
| Sétimo Doutor | Sylvester McCoy | 1987–1989, 1996[5] |
| Oitavo Doutor | Paul McGann | 1996 |
| Noveno Doutor | Christopher Eccleston | 2005 |
| Décimo Doutor | David Tennant | 2005–2010[6] |
| Undécimo Doutor | Matt Smith | 2010– ? |
Compañeiros [editar]
O Doutor xeralmente viaxa con de 1 a 3 compañeiros. Na maioría das historias de Doutor Who, o compañeiro ofrece un substituto con quen o público poida identificar e promover a historia, facendo preguntas e meterse en problemas, ou axudando ou rescatar o Doutor. A maioría dos compañeiros do Doutor son humanos, con algunhas excepcións, como Kamelion, nisto, Adric, Turlough, Astrid e Roman. Dos compañeiros non-humanos, alén de robot K-9, son membros de razas humanoides. Ata a data, Roman e Susan son os únicos Timelords que viaxaron co Doutor.
Inimigos [editar]
Daleks [editar]
A raza dos Daleks, apareceu por primeira vez en 1963, e son os máis antigos inimigos do Doutor. Os Daleks son mutantes de voz metalizada protexidos nunha especie de tanque que actua como armadura e que proceden do planeta Skaro. O seu papel principal na serie é o de exterminar a todos os seres inferiores a eles, chegando incluso a atacar aos Timelords na Guerra dos Tempos. A súa aparición máis recente foi no 2010 no episodio The Big Bang.
Cybermen [editar]
Os cybermen (ciberhomes en galego) eran orixinalmente unha especie de humanoides totalmente orgánicos orixinarios de Mondes un planeta xemelgo á Terra que comezaron a implantar máis e máis partes artificiais nos seus corpos.
No 2006 presentouse unha variación totalmente nova dos Cybermen. Estes Cybermen Cybus foron creados nun universo paralelo polo inventor tolo 'John Lumic, estaba tentando preservar a vida dun ser humano a través do transplante dos seus cerebros en corpos de metal poderoso, enviándolles ordes a través dunha rede sen fíos e inhibición súas emocións con un chip electrónico. A súa aparición máis recente foi en The Pandorica Opens.
The Master [editar]
The Master (o maestro en galego) é un Timelord renegado que é o arquienemigo do Doutor. Este personaxe apareceu por primeira vez en 1971 e o seu papel foi interpretado por varios actores debido a que como todo Timelord pode rexenerarse.
A última vez que apareceu na serie loitando contra o doutor foi no especial de navidad do 2009, The End of Time.
Davros [editar]
Procedente do planeta Skaro, este personaxe foi o creador dos Daleks.
Doutor Who en Galicia [editar]
A finais dos anos 80, a Televisión de Galicia emitíu os episodios protagonizados por Tom Baker como o cuarto doutor. Nesta versión o encargado de dobrar a súa voz foi o actor Gonzalo Uriarte.
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Doutor Who en BBC Online (en inglés)
- Páxina web de Doutor Who no SciFi Channel (en inglés)
- Doctor Who: A Brief History Of Time (Travel) – Historia da produción de Doutor Who (en inglés)
- Doctor Who Online
