Lisa Marie
| Lisa Marie | |
|---|---|
| Nacemento | Lisa Marie Smith 5 de decembro 1968 (44 anos) Piscataway, Nova Jersey, |
| Profesión | Actriz, modelo (1988-presente) |
| Cónxuxe(s) | Tim Burton (1993-2001) |
| Páxina web oficial | |
| Ficha na IMDb | |
Lisa Marie Smith nada o 5 de decembro de 1968 en Piscataway, Nova Jersey. É unha actriz e modelo norteamericana que emprega o nome Lisa Marie na súa vida profesional. Saíu co director Tim Burton durante nove anos e medio e estivo comprometida con el durante oito anos e medio. É famosa polas súas actuacións en filmes como Sleepy Hollow, Mars Attacks! ou Planet of the Apes, todas elas baixo a dirección de Tim Burton.
Índice |
Biografía [editar]
Foi criada polo seu pai e os seus avós e estudou nunha escola católica. Dende os oito anos comezou a aprender ballet e piano. Ós quince anos mudouse a Nova York para estudar arte dramático, danza e música. En Nova York comezou a súa carreira como modelo para Robert Mapplethorpe e foi seleccionada polo fotógrafo Bruce Weber para a campaña do perfume Obsession de Calvin Klein. Os seus primeiros pasos no cinema foron dúas breves aparicións en Let's Get Lost, o documental sobre a vida do trompetista de jazz Chet Baker, e no filme de Woody Allen Alice.
Traxectoria [editar]
En 1989 apareceu na canción de Malcolm McLaren, "Something's Jumpin' in Your Shirt" do seu álbum de 1989 Waltz Darling.
A vida persoal e profesional de Lisa Marie cambiou cando coñeceu a Tim Burton nun club nocturno en 1991, inmediatamente despois de rematar o seu contrato como modelo para Calvin Klein. Aparentemente, Tim e Lisa conxeniaron ó descubrir que ámbolos dous tiveran unha experiencia paranormal OVNI similar en California.
Ó ano seguinte, no día de San Valentín de 1992, prometéronse e permaneceron xuntos até o 2001. Durante este período de case dez anos, ela apareceu en practicamente tódolos filmes do director. Pola súa banda, e segundo afirmacións de coñecidos como Henry Selick, Lisa salvou a vida de Tim, xa que este tiña a intención de seguir o camiño do seu amigo Anton Furst, quen se suicidara pouco tempo antes. En 2000, Lisa Marie traballou na serie da canle Sci-Fi titulada Exposure.
Moitas dos seus primeiros filmes tentaban enfatizar o voluptuoso físico de Lisa, pero traballos posteriores permitíronlle demostrar as súas capacidades interpretativas.
Lisa Marie apareceu en gran número de revistas e converteuse nunha celebridade de Hollywood. O seu divorcio de Tim Burton non foi excesivamente amigable até o extremo de que ela lle reclamara 5,4 millóns de dólares como parte dun acordo económico que el lle prometera.
Filmografía [editar]
| Ano | Título | Papel |
|---|---|---|
| 1988 | Let's Get Lost | |
| 1990 | Alice | |
| 1994 | Ed Wood | Vampiresa |
| 1996 | Mars Attacks! | Moza marciana |
| 1997 | Breast Men | Vanessa |
| 1998 | Frogs for Snakes | Myrna L'Hatsky |
| 1999 | Tail Lights Fade | Kitty |
| Sleepy Hollow | Lady Crane | |
| If... Dog... Rabbit... | Judy | |
| 2000 | Chasing the Dragon | Claire Oberon |
| The Beat Nicks | Sophie | |
| Stainboy | ||
| 2001 | Planet of the Apes | Nova |
| 2003 | Starring | (un pequeno filme por Jeremy Scott) |
| 2008 | Secret World of Superfans | Ela mesma |
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Web Oficial (en inglés)
- Ficha na IMDb (en inglés)