Calvin Klein

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Calvin Klein (19 de novembro de 1942, Bronx, Nova York baixo o nome de Richard Klein). Coñecido deseñador de moda. O seu nome tamén é unha marca de roupa, manexada pola súa compañía, fundada en 1968.

Calvin Klein foi criado na comunidade inmigrante de xudeus de Bronx en Nova York. O seu primeiro éxito na industria da moda foi cando lanzou a súa primeira liña de pantalóns nos anos 1970.

A compañía Calvin Klein, como moitas na industria da moda, é coñecida polos súa vistosa propaganda. Foi acusada por varias organizacións conservadoras por usar modelos aparentemente menores de idade en poses semiprovocativas.

Ademais da roupa, Calvin Klein outorgou o seu nome a unha liña de perfumes, que inclúen CK One e CK Be (fragrancias para todos sen importar o sexo), propiedade de Unilever, que desde Maio do 2006 pasou a pertencer a Group Coty.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas