Lingua navajo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Navajo
'Diné bizaad'
Falado en: Estados Unidos da América
Rexións: Arizona, Novo México, Utah, Colorado
Total de falantes: 171.000[1]
Familia: Linguas na-dené
 Linguas atapascanas
  Linguas atapascanas meridionais
   Navajo–Apache
    Navajo
Códigos de lingua
ISO 639-1: nv
ISO 639-2: nav
SIL: NAV

O navajo (Diné bizaad), ás veces grafado "navaho", é unha lingua amerindia falada nos Estados Unidos de América por 149.000 indios navajos. Pertence á subfamilia Linguas atapascanas meridionais, á familia atapascana e ó filo na-dené.

Fálase nos estados de Arizona, Novo México, Utah, Colorado, California e Nevada; e unha pequena minoría de 37 persoas nos estados mexicanos de Chihuahua, Sonora e Baixa California.

Na Segunda guerra mundial, os americanos empregaron aos navajos para mandárense mensaxes codificadas. Nestas mensaxes, os navajos empregaban curiosas palabras para referirse ao instrumental bélico, poñéndolle distintos nomes de paxaros a distintos avións, por exemplo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. census.gov 2007 American Community Survey. Consultado o 13 de xullo de 2010.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Wikipedia
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua navajo.