Nación Navajo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 36°11′13″N 109°34′25″W / 36.18694°N 109.57361°W / 36.18694; -109.57361

Navajo Nation
Naabeehó Bináhásdzo
(Diné Bikéyah)
Bandeira da Nación Navajo
Bandeira
Himno nacional: Ningún
"Dah Naatʼaʼí Sǫʼ bił Sinil" usado en ocasións
 
DineBikeyahBe'elyaigii.svg
 
Capital
 • Poboación
Window Rock
(Tségháhoodzání)


Lingua oficial
* Navajo
* Inglés
Forma de goberno Consello da Nación Navajo
Presidente
Ben Shelly

 • Data
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas

71.000 km²

km
km
Poboación
 • Total
 • Densidade

173.987 (membros da tribo)
n/d
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total
 • PIB per cápita


IDH
Moeda USD ($)
Xentilicio navajo
Fuso horario
Dominio de Internet Non asignado
Prefixo telefónico n/d
Prefixo radiofónico n/d
Código ISO
Tódolos países do mundo

A Nación Navajo (en lingua navajo Naabeehó Bináhásdzo) é un territorio nativo americano semiautónomo habitado polo pobo navajo. Abrangue 71.000km2, ocupando anacos do nordeste de Arizona, sueste de Utah e noroeste Novo México. É a meirande área asignada principalmente baixo a xurisdición nativa americana dos Estados Unidos.

Nome[editar | editar a fonte]

En inglés, o nome inicial da zona era "Navajo Indian Reservation" ("Reserva India Navajo"), gobernado dende 1923 polo "Consello tribal Navajo". O 15 de abril de 1969, o nome oficial no escudo utilizado polo goberno foi cambiado a "Navajo Nation" (Nación Navajo), indicando que a partir dese día "toda a correspondencia, inmóbil [sic], papel de carta [...] da tribo Navajo utilizaría a denominación Nación Navajo para identificar á tribo".[1] En 1994, unha proposta de cambiar a designación oficial de "Navajo" a "Diné" foi rexeitada polo concilio. Eles dixeron que o nome Diné representaba o tempo de sufrimento antes da Longa marcha, e o termo Navajo é a axeitada designación para o futuro.[2]

En navajo, a entidade xeográfica cos límites fronteirizos delimitados é coñecido como "Naabeehó Bináhásdzo". Isto contrasta con "Diné Bikéyah" e "Naabeehó Bikéyah" para a idea xeral de "Navajoland".[3] Ningunha das designacións debería ser confundida con "Dinétah", o termo usado para o fogar tradicional do pobo Navajo, situado na área entre as montañas Dookʼoʼoosłííd (San Francisco Peaks), Dibé Ntsaa (Hesperus Mountain), Sisnaajiní (Blanca Peak) e Modelo:Spell-nv (Mount Taylor).

Historia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Pobo navajo.
Cambios e expansión das fronteiras da Reserva dos Navajo dende 1868 ata 1934.

Despois da Longa Marcha e o retorno dos navajo dende o seu encarceramento en Bosque Redondo, a "Navajo Indian Reservation" estableceuse no Tratado de 1868. As fronteiras foron definidas polo paralelo 37º polo norte, a liña de Fort Defiance polo sur, Fort Lyon polo leste e meridiano 109° 30′ polo oeste.[4] Malia que o tratado proporcionaba preto de cen millas cadradas no Territorio de Novo México, o tamaño actual do territorio era de 1.346.916 hectáreas[4]—un pouco máis da metade. Esta peza inicial da terra represéntase no deseño da bandeira da Nación Navajo por un rectángulo de cor marrón escuro.[5]

Porén, debido ó feito de que non había límites físicos ou paneis de sinalización fixáronse no seu lugar, moitos navajos ignoraron estes límites formais e volveron ó lugar onde os tiñan en catividade.[4] Unha significativa poboación navajo aínda reside ó longo de Little Colorado e Colorado Rivers así como en Naatsisʼáán (Navajo Mountain), nunca sufriron nos campos de concentración en Hwéeldi (Ft. Sumner).

A primeira expansión do territorio ocorreu o 28 de outubro de 1878, cando o Presidente Rutherford Hayes asinou unha orde executiva aumentando os límites 20 millas cara o oeste.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Wilkins, David Eugene. The Navajo Political Experience. Diné College Pres. Tsaile/Tséhílį́: 1999. page 3.
  2. "Navajo oppose name change", Indian Country Today, 12 January 1994
  3. Young, Robert W & William Morgan, Sr. The Navajo Language. A Grammar and Colloquial Dictionary. University of New Mexico Press. Albuquerque, NM: 1987.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Iverson, Peter & Monty Roessel. Diné: A History of the Navajos. University of New Mexico Press. Albuquerque, NM: 2002. page 68ff.
  5. History.[Ligazón morta] Government of the Navajo Nation. Accessed 2010-11-05.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]