Lingua de vaca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo trata sobre unha especie de fungo, para a planta "Plantago major", véxase o artigo: Chantaxe maior.
Lingua de vaca
HydnumRepandum.JPG
Clasificación científica
Reino: Fungi
División: Basidiomycota
Clase: Agaricomycetes
Orde: Cantharellales
Familia: Hydnaceae
Xénero: 'Hydnum'
Especie: ''H. repandum''
Nome binomial
''Hydnum repandum''
L., Fr., 1821

A lingua de vaca[1] (Hydnum repandum ) é un cogomelo comestíbel de sabor agre e picante, características que se agudizan na súa madurez. Medra en fragas e bosques mixtos ou de solo acedo, coma os galegos. É común en Galiza. Non é tóxico.

Os nomes vernáculos nas diferentes linguas europeas coinciden co galego, facendo referencia á lingua de diferentes animais: en castelán: lengua de gato, en catalán: llengua de bou; en éuscaro: Tripaki argi; en inglés: sweet tooth; en francés: langue de chat.

Descrición[editar | editar a fonte]

Exemplar de lingua de vaca

Fungo de chapeu duro, carnoso, de 60 a 140 mm de diámetro, irregular, convexo de novo, chato na madurez, ás veces deprimido, ondulado e lobulado. Ten aspecto crocado, seco e mate. Os exemplares novos son de cor crema-abrancazada, collendo despois unha cor crema amarelenta a ocre pálida e finalmente na madurez unha cor parda arroibada-alaranxada. É de carne mesta, branca, pardo-arroibada coa idade, posúe un cheiro fúnxico e sabor amargo. As esporas son ovoides de 7.9 x 5.7 mm. Son lisas e de cor crema en masa.

Habitat e fenoloxía[editar | editar a fonte]

Medra a finais do verán e polo outono (o apoxeo en Galiza dáse nos meses de novembro e decembro[2]); en bosques de coníferas e frondosas, preferentemente de solos acedos ou mixtos.

Usos[editar | editar a fonte]

Este cogomelo é comestíbel cando é novo, mais pode resultar amargo dependendo da tempada de colla. Cómpre cociñalo ben, tirando a auga de cocedura para que sexa menos agre e mellorar a dixestión. Adóitanse servir con aceite e vinagre. Poden conxelarse.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nome vulgar galego en Glosario de Cogomelos de Galicia - http://www.gastronomiagalega.com/glosario_cogomelos_galicia
  2. Agrupación Micolóxica de Galicia - http://www.azarrota.org/index.php?option=com_content&task=view&id=62&Itemid=74

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]