Tokorozawa
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
|
|||
| Mapa | |||
|---|---|---|---|
| Localización de Tokorozawa na prefectura de Saitama | |||
| Localización da prefectura de Saitama no Xapón | |||
| Información | |||
| País | |||
| Illa | Honshū | ||
| Rexión | Rexión de Kantō | ||
| Prefectura | Prefectura de Saitama | ||
| Superficie | 71,99 km2 | ||
| Poboación | 339.008 (2009) | ||
| Densidade | 4.710 h/km² | ||
| Alcalde | Yoshiko Tōma | ||
Tokorozawa (所沢市, ところざわし, Tokorozawa-shi) é un concello da prefectura de Saitama no Xapón. Está situado no centro da rexión de Kantō e no centro-sur da prefectura, na parte leste da illa de Honshū. Ten 71,99 km² de superficie e unha poboación de 339.008 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 4.710 h/km².
O concello de Tokorozawa limita cos concellos de Iruma, de Sayama, de Kawagoe, de Miyoshi, de Niiza (son da prefectura de Saitama); de Mizuho, de Musashimurayama, de Higashiyamato, de Higashimurayama e de Kiyose (son da prefectura de Tōkyō).