Lepus timidus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lepus timidus
Lebre de montaña, lebre de Eurasia

Lepus timidus scoticus, en Findhorn Valley, Escocia, coa pelaxe de verán
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Lagomorpha
Familia: Leporidae
Xénero: Lepus
Subxénero: Lepus
Especie: L. timidus
Nome binomial
Lepus timidus
Linnaeus, 1758
Distribución da lebre de montaña
Distribución da lebre de montaña

Distribución da lebre de montaña
Subespecies
Véxase o texto
Lebre de montaña con pelaxe invernal

Lepus timidus, coñecida vulgarmente como lebre de montaña ou lebre de Eurasiao, é unha especie de mamífero lagomorfo da familia dos lepóridos pertencente ao xénero Lepus, encadrada no subxénero Lepus.

Características[editar | editar a fonte]

En verán, en todas as poboacións de lebres de montaña (ao igual que as outras dúas do subxénero), a pelaxe pasa a presentar distintos tons apardazados. Para prepararse para o inverno moitos individuos cambian a súa pelaxe, que se volve branca (ou maioritariamente branca).

Os máis dos individuos da subespecie Lepus timidus hibernicus (lebre de montaña irlandesa) permanecen con plaxe marrón todo o ano, e raramente a cambian para volvela branca. Esta subespecie tamén pode ter a cola dun ton escuro ou gris, mentres que nas lebres pardas ou lebres comúns europeas (Lepus europaeus), é branca.

A cor da cola combinada co seu gran tamaño (en comparación coa maior parte das outras poboacións de lebres de montaña) e as variedades marrón que pode presentar a versión irlandesa, pode levar a quen as observe a confundir a lebre de montaña coa lebre parda (Lepus europaeus).

Bioloxía[editar | editar a fonte]

Hábitat e distribución[editar | editar a fonte]

Hábitat[editar | editar a fonte]

É unha lebre que se ha adaptou aos ecosistemas polares e montañosos.[2]

Distribución[editar | editar a fonte]

Habita na zona comprendida entre Fenoscandia (termo xeográfico e xeolóxico utilizado para describir o conxunto da península Escandinava, a península de Kola, Carelia e Finlandia),[3] até o leste de Siberia; ademais, existen poboacións illadas nos Alpes, en Irlanda, en Polonia, no Reino Unido e en Hokkaidō. Foi introducida polo home nas illas Shetland e nas Feroe.[4]

Costumes[editar | editar a fonte]

Estudos demostraron que a dieta das lebres de montaña varía segundo a rexión en que habitan, parecen dependeren do hábitat particular en que vive a subespecie analizada. Por exemplo, ao norte de Escandinavia, onde a neve cobre todo o solo durante varios meses, as lebres consomen ramas caídas das árbores. En lugares máis cálidos, como en Irlanda, a herba pode ser un dos principais alimentos. De poder elixir, estas lebres parecen prefrir a herba, principalmente en Escocia e Irlanda.

No norte de Finlandia e de Suecia, esta lebre e a europea compiten polo aproveitamento do hábitat. A europea, por ser máis grande, adoita expulsar á lebre de montaña, pero está menos adaptada aos climas fríos: as súas patas son de menor tamaño, e a pelaxe invernal é unha camuflaxe moi boa nas rexións costeiras de Finlandia onde a neve cobre a costa durante un curto período.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita por Linneo en 1758,[4][5] na páxina 57 do volume 1º do seu Systema Naturae.[4]

Subespecies[editar | editar a fonte]

Na actualidade recoñcense dentro da especie as subespecies seguintes:[4][5]

  • Lepus timidus ainu Barrett-Hamilton, 1900
  • Lepus timidus begitschevi Koljuschev, 1936
  • Lepus timidus gichiganus J. Allen, 1903
  • Lepus timidus hibernicus Bell, 1837
  • Lepus timidus kamtschaticus Dybowski, 1922
  • Lepus timidus kolymensis Ognev, 1923
  • Lepus timidus kozhevnikovi Ognev, 1929
  • Lepus timidus lugubris Kastschenko, 1899
  • Lepus timidus mordeni Goodwin, 1933
  • Lepus timidus orii Kuroda, 1928
  • Lepus timidus scoticus Hilzheimer, 1906
  • Lepus timidus sibiricorum Johanssen, 1923
  • Lepus timidus timidus Linnaeus, 1758
  • Lepus timidus transbaicalicus Ognev, 1929
  • Lepus timidus varronis Miller, 1901

Notas taxonómicas[editar | editar a fonte]

A lebre ártica (Lepus arcticus) adoitaba ser considerada como unha subespecie da lebre de montaña, pero actualmente considéranse como dúas especies separadas. Algúns científicos tamén pensan que a lebre irlandesa (Lepus timidus hibernicus) podería considerarse como outra especie independente.[Cómpre referencia]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Smith, A. T. & Johnston, C. H. (2008): Lepus timidus na Lista vermella da UICN. Versión 2018-2. Consultada o 1 de xaneiro de 2019.
  2. "Fauna Ibérica, Mammalia - Lagomorpha". Fauna ibérica. Consultado o 1 de xaneiro de 2018. 
  3. "Fennoscandia". Yourdictionary (en inglés). Consultado o 1 de xaneiro de 2018. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Lepus (Lepus) timidus Linnaeus, 1758 no MSW.
  5. 5,0 5,1 Lepus timidus Linnaeus, 1758 no ITIS.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]