Lampris zatima
† Lampris zatima Rango fósil: Mioceno tardío [1] (11 608 a 7 246 Ma) [2] | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Reconstrución de † Lampris zatima | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
† Lampris zatima (Jordan & Gilbert, 1920) | |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
Lampris zatima é unha especie fósil de peixe osteíctio da clase dos actinopterixios, subclase dos neopterixios, infraclase dos teleósteos, orde dos lampriformes, e familia dos lámpridos, incluída no xénero Lampris.
Trátase da especie máis antiga coñecida do xénero Lampris, do Mioceno tardío do sur de California,[3] († Megalampris keyesi Gottfried, Fordyce & Rust, 2006, da mesma familia, do Oligoceno tardío de Nova Zelandia, é máis antigo).[4]
Taxonomía[editar | editar a fonte]
Descrición[editar | editar a fonte]
A especie foi descrita en 1920 polo ictiólogo estadounidense David Starr Jordan e o paleontólogo, así mesmo estadounidense, James Zaccheus Gilbert, na súa obra "Fossil Fishes of the Miocene (Monterey) Formations". Leland Stanford Junior University Publications, University Series: 13-60.[3][2] baixo o nome de Diatomoeca zatima (ver páxina 58 da obra antecitada).
Erroneamente, máis tarde volveuse a describir como Dasceles dassurus (que é unha especie da familia dos embiotócidos).[5]
Sinónimos[editar | editar a fonte]
Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:
- Dasceles dassurus Jordan, 1925
- Diatomoeca zatima Jordan & Gilbert, 1920 (protónimo)
- Lampris (Diatomoeca) zatima Jordan e Gilbert 1919
Características[editar | editar a fonte]
O seu rexistro fósil é bastante pobre, coñecido principalmente por columnas vertebrais illadas e algúns espécimes sen cabeza.[3] Estímase que medía entre os 20 e os 30 cm de longo.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Lampris zatima en Devian Art. Consultado o 15 de outubro de 2010.
- ↑ 2,0 2,1 †Lampris (Diatomoeca) zatima Jordan and Gilbert 1919 Arquivado 12 de outubro de 2020 en Wayback Machine. en Fossilworks. Consultado o 15 de outubro de 2020.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 David, Lore Rose (1943): Miocene Fishes of Southern California. Geological Society of America, Volume 43. ISBN 978-0-8137-2043-2.
- ↑ Michael D. Gottfried, R. Ewan Fordyce & Seabourne Rust (2006): "Megalampris keyesi, a giant moonfish (Teleostei, Lampridiformes) from the Late Oligocene of New Zealand". Journal of Vertebrate Paleontology 26 (3): 544–551.
- ↑ Jordan, David Starr (1927): The Fossil Fishes of the Miocene of Southern California, Volume 9. Stanford, Palo Alto, California: Stanford University Press. Consultado o 15 de outubro de 2020.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- David, L. R. (1943): "Miocene Fishes of Southern California". Geological Society of America Special Paper 43: 1-187.
- Jordan, D. S. (1920): "An ancient moonfish". The Scientific Monthly 11 (5): 470-473.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Lampris zatima en Devian Art (en inglés).