Lampridiformes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Regalecus glesne

Os Lampridiformes son unha orde de peixes teleósteos, única orde da superorde Lampridiomorfos (Lampridiomorpha). Son peixes mariños peláxicos.

Características[editar | editar a fonte]

A forma destes peixes é variada pero, en xeral, son aplastados e longos. Carecen de escamas e de verdadeiras espiñas nas aletas. A aleta dorsal é moi longa e tende a ocupar todo o dorso. As mandíbulas son altamente protusibles.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Divídense en sete familias:

  • Familia Lamprididae
  • Familia Lophotidae
  • Familia Radiicephalidae
  • Familia Regalecidae
  • Familia Stylephoridae
  • Familia Trachipteridae
  • Familia Veliferidae

Ademais dunha familia extinta: Turkmenidae.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Lampridiformes
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Lampridiformes