Lactoperoxidase

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lactoperoxidase
Estrutura cristalográfica da lactoperoxidase. A proteína está coloreada coas cores do arco da vella (N-terminal = azul, C-terminal = vermello) e o cofactor hemo está representado como esferas (carbono = branco, oxíxeno = vermello, nitróxeno = azul, ferro = laranxa). PDB 2R5L
Identificadores
Número EC 1.11.1.7
Bases de datos
IntEnz vista de IntEnz
BRENDA entrada de BRENDA
ExPASy vista de NiceZyme
KEGG entrada de KEGG
MetaCyc vía metabólica
PRIAM perfil
Estruturas PDB RCSB PDB PDBe PDBj PDBsum

A lactoperoxidase é un encima peroxidase animal segregado polas glándulas salivares, mamarias e outras glándulas mucosas,[1] que funciona como un axente antibacteriano natural.[2] A lactoperoxidase forma parte da familia de encimas das hemoperoxidases animais. Nos humanos, a lactoperoxidase está codificada no xene LPO do cromosoma 17.[3][4]

A lactoperoxidase cataliza a oxidación polo peróxido de hidróxeno de diversos substratos inorgánicos e orgánicos.[5] Entre estes substratos están o bromuro e ioduro, polo que a lactoperoxidase tamén pode ser clasificada como unha haloperoxidase. Outro importante substrato é o tiocianato. Os produtos oxidados producidos pola acción deste encima teñen potentes accións bactericidas. O conxunto formado pola lactoperoxidase, os seus substratos iónicos inorgánicos, o peróxido de hidróxeno e os produtos oxidados coñécese co nome de sistema da lactoperoxidase.[6]

O sistema da lactoperoxidase xoga un importante papel no sistema inmunitario innato ao matar as bacterias no leite e nas secrecións mucosas (tecidos de orixe principalmente endodérmica, que forman recubrimentos epiteliais, que están implicados na absorción ou na secreción), polo que o aumento do sistema da lactoperoxidase pode ter aplicacións terapéuticas. Ademais, a adición ou aumento do sistema da lactoperoxidase ten aplicacións potenciais no control das bacterias nos alimentos e nos produtos de coidado da saúde do consumidor. O sistema da lactoperoxidase non ataca o ADN e non é mutaxénico.[7] Porén, en certas condicións, o sistema da lactoperoxidase pode contribuír ao estrés oxidativo.[8] Ademais, a lactoperoxidase pode contribuír ao inicio do cancro de mama, por medio da súa capacidade de oxidar hormonas estroxénicas, producindo intermediarios que son radicais libres.[9]

Estrutura[editar | editar a fonte]

A estrutura da lactoperoxidase consiste principalmente en hélices alfa, xunto con dúas febras beta paralelas curtas. Pertence á familia encimática das hemoperoxidases animais, que tamén inclúe a mieloperoxidase (MPO), peroxidase do eosinófilo (EPO), peroxidase da tiroide (TPO), e prostaglandina H sintase (PGHS). Levan un cofactor hemo unido preto da parte central da proteína.[10]

Función[editar | editar a fonte]

A lactoperoxidase cataliza a oxidación por peróxido de hidróxeno (H2O2) de varias moléculas aceptoras:[11]

  • aceptor reducido + H2O2 → aceptor oxidado + H2O

Exemplos específicos son:

A fonte de peróxido de hidróxeno (H2O2) é xeralmente a reacción da glicosa co oxíxeno en presenza do encima glicose oxidase (EC 1.1.3.4) que tamén ten lugar na saliva. A glicosa, á súa vez, pode producirse na boca a partir do amidón en presenza do encima da saliva amiloglicosidase (EC 3.2.1.3).

Estes intermediarios oxidados de vida relativamente curta teñen potentes efectos bactericidas, polo que a lactoperoxidase forma parte dos sistema de defensa antimicrobiano naqueles tecidos que expresan a lactoperoxidase.[6] O sistema da lactoperoxidase é efectivo para matar diversos microorganismos aerobios[14] e algúns anaerobios.[15] Unha investigación de 1984 atopou variacións nos efectos segundo as condicións: "O efecto da mestura lactoperoxidase-tiocianato-peróxido de hidróxeno sobre as bacterias depende das condicións experimentais. Se as bacterias son cultivadas despois da exposición a lactoperoxidase-tiocianato-peróxido de hidróxeno en ágar nutriente en condicións aerobias, poden non crecer, mentres que crecen facilmente en ágar sangue en condicións anaerobias."[16] Na súa capacidade antimicrobiana, a lactoperoxidase parece actuar en sinerxia coa lactoferrina[17] e a lisozima.[18]

Aplicacións[editar | editar a fonte]

A lactroperoxidae é un efectivo axente antimicrobiano. En consecuencia está a utilizarse a lactoperoxidase para conservar alimentos, en cosmética, e en solucións oftalmolóxicas. Ademais, a lactoperoxidase ten aplicacións en tratamentos dentais e de feridas. Finalmente, pode ter aplicacións como axente antitumoral e antiviral.[19]

Produtos lácteos[editar | editar a fonte]

A lactoperoxidase é un efectivo axente antimicrobiano e utilízase como axente antibacteriano para reducir a microflora bacteriana no leite e produtos lácteos.[20] A activación do sistema da lactoperoxidase por adición de peróxido de hidróxeno e tiocianato aumenta a duración da caducidade do leite fresco refrixerado.[11][21][22][23] É bastante resistente á calor e utilízase como indicador da sobrepasteurización do leite.[24]

Coidado oral[editar | editar a fonte]

O sistema da lactoperoxidase considérase apropiado para o tratamento da xinxivite e periodontite.[25] A lactoperoxidase foi utilizada en pastas de dentes ou colutorios para reducir as bacterias da boca e en consecuencia os ácidos producidos por elas.[26]

Cosmética[editar | editar a fonte]

Unha combinación de lactoperoxidase, glicosa, glicosa oxidase (GOD), ioduro e tiocianato considérase efectiva para a conservación de cosméticos.[27]

Cancro e infeccións virais[editar | editar a fonte]

Os conxugados de anticorpo da glicosa oxidase e lactoperoxidase son efectivos para matar células tumorais in vitro.[28] Ademais, os macrófagos expostos á lactoperoxidase son estimulados para que maten células cancerosas.[29]

O hipotiocianito xerado pola peroxidase inhibe o virus herpes simplex[30] e o virus da inmunodeficiencia humana.[31]

Importancia clínica[editar | editar a fonte]

Sistema inmunitario innato[editar | editar a fonte]

A actividade antibacteriana da lactoperoxidase xoga un importante papel no sistema de defensa inmunitario.[32][33][34]

O hipotiocianito é un dos intermediarios reactivos producido pola actividade da lactoperoxidase sobe o tiocianato e o peróxido de hidróxeno producido polas proteínas oxidase dual 2, tamén chamadas Duox2.[35][36] A secreción de tiocianato[37] en pacientes de fibrose quística está diminuída, o que ten como resultado unha redución da produción de hipotiocianito antimicrobiano, polo que contribúe a incrementar o risco de infección nas vías respiratorias.[38][39]

O sistema da lactoperoxidase inhibe eficazmente á bacteria Helicobacter pylori en solución tampón; porén, na saliva humana, ten un efecto antibacteriano máis feble.[40] O sistema da lactoperoxidase non ataca o ADN e non é mutaxénico.[7] Non obstante, en certas condicións, o sistema da lactoperoxidase pode contribuír ao estrés oxidativo.[8] A lactoperoxidase en presenza de tiocianato pode desencadear os efectos bactericidas e citotóxicos do peróxido de hidróxeno baixo condicións específicas, como cando o peróxido de hidróxeno está presente na mestura de reacción en exceso con respecto ao tiocianato.[16]

Cancro de mama[editar | editar a fonte]

A oxidación do estradiol pola lactoperoxidase é unha posible causa de estrés oxidativo no cancro de mama.[8][9] A capacidade da lactoperoxidase de propagar unha reacción en cadea que orixina o consumo de oxíxeno e a acumulación de peróxido de hidróxeno intracelular podería explicar as lesións de bases do ADN inducidas polo radical hidroxilo das que se informou recentemente no tecido con cancro de mama feminino.[8] A lactoperoxidase pode estar implicada na carcinoxénese do cancro de mama debido á súa capacidade de interaccionar con hormonas estroxénicas e oxidalas por medio de dúas reaccións nas que está implicado un electrón.[9] A lactoperoxidase reacciona co anel A fenólico dos estróxenos para producir radicais libres reactivos.[41] Ademais, a lactoperoxidase pode activar aminas heterocíclicas e aromáticas carcinóxenas e incrementar os niveis de unión ao ADN de produtos activados, o cal suxire un papel potencial desta activación catalizada pola lactoperoxidase de carcinóxenos na causa do cancro de mama.[42]

Coidado oral[editar | editar a fonte]

Durante as últimas décadas, publicáronse varios estudos clínicos que describiron a eficacia clínica do sistema da lactoperoxidase en diversos produtos de coidado oral, como pastas de dentes ou colutorios. Despois de demostrar indirectamente medindo parámetros de carie e xinxivite experimantais, que os colutorios[43][44] que conteñen amiloglicosidase (γ-amilase) e glicosa oxidase activan o sistema da lactoperoxidase, esclareceuse parcialmente o mecanismo protector dos encimas en produtos de coidado oral. Encimas como a lisozima, lactoperoxidase e glicosa oxidase son transferidos desde as pastas de dentes á película dental. Unha vez que pasan a ser compoñentes da película, estes encimas son moi activos cataliticamente.[45][46] Ademais, o sistema da lactoperoxidase que forma parte de pastas dentais ten unha influencia beneficiosa para evitar a carie na infancia temperá[47] ao reducir o número de colonias formadas pola microflora carioxénica mentres que se incrementa a concentración de tiocianato. Con pacientes de xerostomia, as pastas de dentes co sistema da lactoperoxidase son aparentemente superiores ás pastas que conteñen fluoruro con respecto á formación de placa dental e xinxivite.[48] Cómpren máis estudos [49] para examinar máis a fondo os mecanismos protectores implicados.[50]

A aplicación de lactoperoxidase non está restrinxida á carie, xinxivite, e periodontite.[51] pode aplicarse unha combinación de lisozima e lactoperoxidase para apoiar o tratamento da síndrome da boca queimada (glosodinia). En combinación coa lactoferrina, a lactoperoxidase combate a halitose;[52] e en combinación coa lactoferrina e lisozima, a lactoperoxidase axuda a mellorar os síntomas da xerostomia.[53] Ademais, os xeles con lactoperoxidase contribúen a mellorar os síntomas do cancro oral cando a produción de saliva está comprometida debido á irradiación. Neste caso, tamén o control da microflora bacteriana se ve influenciado favorablemente.[54][55][56]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tenovuo JO (1985). "The peroxidase system in human secretions". En Tenovuo JO, Pruitt KM. The Lactoperoxidase system: chemistry and biological significance. New York: Dekker. p. 272. ISBN 0-8247-7298-9. 
  2. Pruitt KM, Reiter B (1985). "Biochemistry of peroxidase systems: antimicrobial effects". En Tenovuo JO, Pruitt KM. The Lactoperoxidase system: chemistry and biological significance. New York: Dekker. p. 272. ISBN 0-8247-7298-9. 
  3. Dull TJ, Uyeda C, Strosberg AD, Nedwin G, Seilhamer JJ (September 1990). "Molecular cloning of cDNAs encoding bovine and human lactoperoxidase". DNA Cell Biol. 9 (7): 499–509. PMID 2222811. doi:10.1089/dna.1990.9.499. 
  4. Kiser C, Caterina CK, Engler JA, Rahemtulla B, Rahemtulla F (September 1996). "Cloning and sequence analysis of the human salivary peroxidase-encoding cDNA". Gene 173 (2): 261–4. PMID 8964511. doi:10.1016/0378-1119(96)00078-9. 
  5. Kohler H, Jenzer H (1989). "Interaction of lactoperoxidase with hydrogen peroxide. Formation of enzyme intermediates and generation of free radicals". Free Radic. Biol. Med. 6 (3): 323–39. PMID 2545551. doi:10.1016/0891-5849(89)90059-2. 
  6. 6,0 6,1 Tenovuo JO, Pruitt KM, ed. (1985). The Lactoperoxidase system: chemistry and biological significance. New York: Dekker. p. 272. ISBN 0-8247-7298-9. 
  7. 7,0 7,1 White WE, Pruitt KM, Mansson-Rahemtulla B (February 1983). "Peroxidase-Thiocyanate-Peroxide Antibacterial System Does Not Damage DNA". Antimicrob. Agents Chemother. 23 (2): 267–72. PMC 186035. PMID 6340603. doi:10.1128/aac.23.2.267. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 Sipe HJ, Jordan SJ, Hanna PM, Mason RP (November 1994). "The metabolism of 17 beta-estradiol by lactoperoxidase: a possible source of oxidative stress in breast cancer". Carcinogenesis 15 (11): 2637–43. PMID 7955118. doi:10.1093/carcin/15.11.2637. 
  9. 9,0 9,1 9,2 Ghibaudi EM, Laurenti E, Beltramo P, Ferrari RP (2000). "Can estrogenic radicals, generated by lactoperoxidase, be involved in the molecular mechanism of breast carcinogenesis?". Redox Rep. 5 (4): 229–35. PMID 10994878. doi:10.1179/135100000101535672. 
  10. PDB 2r5l​; Singh AK, Singh N, Sharma S, Singh SB, Kaur P, Bhushan A, Srinivasan A, Singh TP (2008). "Crystal structure of lactoperoxidase at 2.4 A resolution". J. Mol. Biol. 376 (4): 1060–75. doi:10.1016/j.jmb.2007.12.012. PMID 18191143.
  11. 11,0 11,1 de Wit JN, van Hooydonk ACM (1996). "Structure, functions and applications of lactoperoxidase in natural antimicrobial systems". Netherlands Milk & Dairy Journal 50: 227–244. 
  12. Wever R, Kast WM, Kasinoedin JH, Boelens R (December 1982). "The peroxidation of thiocyanate catalysed by myeloperoxidase and lactoperoxidase". Biochim. Biophys. Acta 709 (2): 212–9. PMID 6295491. doi:10.1016/0167-4838(82)90463-0. 
  13. Pruitt KM, Tenovuo J, Andrews RW, McKane T (February 1982). "Lactoperoxidase-catalyzed oxidation of thiocyanate: polarographic study of the oxidation products". Biochemistry 21 (3): 562–7. PMID 7066307. doi:10.1021/bi00532a023. 
  14. Fweja LW, Lewis MJ, Grandison AS (July 2008). "Challenge testing the lactoperoxidase system against a range of bacteria using different activation agents". J. Dairy Sci. 91 (7): 2566–74. PMID 18565914. doi:10.3168/jds.2007-0322. 
  15. Courtois P, Majerus P, Labbé M, Vanden Abbeele A, Yourassowsky E, Pourtois M (September 1992). "Susceptibility of anaerobic microorganisms to hypothiocyanite produced by lactoperoxidase". Acta Stomatol Belg 89 (3): 155–62. PMID 1481764. 
  16. 16,0 16,1 Carlsson J, Edlund MB, Hänström L (June 1984). "Bactericidal and cytotoxic effects of hypothiocyanite-hydrogen peroxide mixtures". Infect Immun 44 (3): 581–6. PMC 263633. PMID 6724690. 
  17. Reiter B (1983). "The biological significance of lactoferrin". Int J Tissue React 5 (1): 87–96. PMID 6345430. 
  18. Roger V, Tenovuo J, Lenander-Lumikari M, Söderling E, Vilja P (1994). "Lysozyme and lactoperoxidase inhibit the adherence of Streptococcus mutans NCTC 10449 (serotype c) to saliva-treated hydroxyapatite in vitro". Caries Res. 28 (6): 421–8. PMID 7850845. doi:10.1159/000262015. 
  19. Harper, W. James (2000). Biological properties of whey components a review. Chicago, IL: American Dairy Products Institute. p. 54. 
  20. Reiter B., Härnulv BG. "The preservation of refrigerated and uncooled milk by its natural lactoperoxidase system". Dairy Ind. Int. 47 (5): 13–19. 
  21. Zajac M, Glandys J, Skarzynska M, Härnulv G, Eilertsen K (1983). "Milk quality preservation by heat treatment or activation of the lactoperoxidase system in combination with refrigerated storage". Milchwissenschaft 38 (11). 
  22. Zajac M, Glandys J, Skarzynska M, Härnulv G, Björck L (1983). "Changes in bacteriological quality of raw milk stabilized by activation of its lactoperoxidase system and stored at different temperatures". J. Of Food Prot. 46 (12): 1065–1068. 
  23. Korhonen H (1980). "A new method for preserving raw milk: The lactoperoxidase antibacterial system". World Anim. Rev. 35: 23–29. 
  24. Marks NE, Grandison AS, Lewis MJ (2008). "Use of hydrogen peroxide detection strips to determine the extent of pasteurization in whole milk". International Journal of Dairy Technology 54 (1): 20–22. doi:10.1111/j.0134-727X.2001.00008.x. 
  25. WO application WO1988002600, Poulson OM, "Enzyme-containing bactericidal composition, and dental and wound treatment preparations comprising this composition", published 1988-04-21
  26. Hoogedoorn H (1985). "Activation of the salivary peroxidase system: clinical studies". En Tenovuo JO, Pruitt KM. The Lactoperoxidase system: chemistry and biological significance. New York: Dekker. pp. 217–228. ISBN 0-8247-7298-9. 
  27. US 5607681, Galley E, Godfrey DC, Guthrie WG, Hodgkinson DM, Linnington HL, "Antimicrobial Compositions Containing Iodide, Thiocyanate, Glucose And Glucose Oxidase", published 1997-03-04, assigned to The Boots Company PLC [1]
  28. Stanislawski M, Rousseau V, Goavec M, Ito H (October 1989). "Immunotoxins containing glucose oxidase and lactoperoxidase with tumoricidal properties: in vitro killing effectiveness in a mouse plasmacytoma cell model". Cancer Res. 49 (20): 5497–504. PMID 2790777. 
  29. Lefkowitz DL, Hsieh TC, Mills K, Castro A (1990). "Induction of tumor necrosis factor and cytotoxicity by macrophages exposed to lactoperoxidase and microperoxidase". Life Sci. 47 (8): 703–9. PMID 2402192. doi:10.1016/0024-3205(90)90625-2. 
  30. Mikola H, Waris M, Tenovuo J (March 1995). "Inhibition of herpes simplex virus type 1, respiratory syncytial virus and echovirus type 11 by peroxidase-generated hypothiocyanite". Antiviral Res. 26 (2): 161–71. PMID 7605114. doi:10.1016/0166-3542(94)00073-H. 
  31. Pourtois M, Binet C, Van Tieghem N, Courtois PR, Vandenabbeele A, Thirty L (May 1991). "Saliva can contribute in quick inhibition of HIV infectivity". AIDS 5 (5): 598–600. PMID 1650564. doi:10.1097/00002030-199105000-00022. 
  32. Wijkstrom-Frei C, El-Chemaly S, Ali-Rachedi R, Gerson C, Cobas MA, Forteza R, Salathe M, Conner GE (August 2003). "Lactoperoxidase and human airway host defense". Am. J. Respir. Cell Mol. Biol. 29 (2): 206–12. PMID 12626341. doi:10.1165/rcmb.2002-0152OC. 
  33. Conner GE, Salathe M, Forteza R (December 2002). "Lactoperoxidase and hydrogen peroxide metabolism in the airway". Am. J. Respir. Crit. Care Med. 166 (12 Pt 2): S57–61. PMID 12471090. doi:10.1164/rccm.2206018. 
  34. Conner GE, Wijkstrom-Frei C, Randell SH, Fernandez VE, Salathe M (January 2007). "The Lactoperoxidase System Links Anion Transport To Host Defense in Cystic Fibrosis". FEBS Lett. 581 (2): 271–8. PMC 1851694. PMID 17204267. doi:10.1016/j.febslet.2006.12.025. 
  35. Thomas EL, Bates KP, Jefferson MM (September 1980). "Hypothiocyanite ion: detection of the antimicrobial agent in human saliva". J. Dent. Res. 59 (9): 1466–72. PMID 6931123. doi:10.1177/00220345800590090201. 
  36. Thomas EL, Aune TM (May 1978). "Lactoperoxidase, peroxide, thiocyanate antimicrobial system: correlation of sulfhydryl oxidation with antimicrobial action". Infect. Immun. 20 (2): 456–63. PMC 421877. PMID 352945. 
  37. Xu Y, Szép S, Lu Z (December 2009). "The antioxidant role of thiocyanate in the pathogenesis of cystic fibrosis and other inflammation-related diseases". Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A. 106 (48): 20515–9. PMC 2777967. PMID 19918082. doi:10.1073/pnas.0911412106. 
  38. Moskwa P, Lorentzen D, Excoffon KJ, Zabner J, McCray PB, Nauseef WM, Dupuy C, Bánfi B (January 2007). "A Novel Host Defense System of Airways Is Defective in Cystic Fibrosis". Am. J. Respir. Crit. Care Med. 175 (2): 174–83. PMC 2720149. PMID 17082494. doi:10.1164/rccm.200607-1029OC. 
  39. Minarowski Ł, Sands D, Minarowska A, Karwowska A, Sulewska A, Gacko M, Chyczewska E (2008). "Thiocyanate concentration in saliva of cystic fibrosis patients". Folia Histochem. Cytobiol. 46 (2): 245–6. PMID 18519245. doi:10.2478/v10042-008-0037-0. 
  40. Haukioja A, Ihalin R, Loimaranta V, Lenander M, Tenovuo J (September 2004). "Sensitivity of Helicobacter pylori to an innate defence mechanism, the lactoperoxidase system, in buffer and in human whole saliva". Journal of Medical Microbiology 53 (Pt 9): 855–60. PMID 15314191. doi:10.1099/jmm.0.45548-0. 
  41. Løvstad RA (December 2006). "A kinetic study on the lactoperoxidase catalyzed oxidation of estrogens". Biometals 19 (6): 587–92. PMID 16944280. doi:10.1007/s10534-006-0002-3. 
  42. Gorlewska-Roberts KM, Teitel CH, Lay JO, Roberts DW, Kadlubar FF (December 2004). "Lactoperoxidase-catalyzed activation of carcinogenic aromatic and heterocyclic amines". Chem. Res. Toxicol. 17 (12): 1659–66. PMID 15606142. doi:10.1021/tx049787n. 
  43. Hugoson A, Koch G, Thilander H, Hoogendorn H (1974). "Lactoperoxidase in the prevention of plaque accumulation, gingivitis and dental caries (III)". Odont revy 25 (1): 69–80. PMID 4522423. 
  44. Midda M, Cooksey MV (1986). "Clinical use of an enzyme-containing dentifrice". J Clin Periodontol 13 (10): 959–956. PMID 3098804. 
  45. Hannig C, Spitzmüller B, Lux HC, Altenburger M, Al-Ahmad A, Hannig M (2010). "Efficacy of enzymatic toothpastes for immobilisation of protective enzymes in the in situ pellicle". Arch Oral Biol 55 (7): 463–469. PMID 20417500. doi:10.1016/j.archoralbio.2010.03.020. 
  46. Hannig C, Hannig M, Attin T (2005). "Enzymes in the acquired enamel pellicle". Eur J Oral Sci 113 (1): 2–13. PMID 15693823. doi:10.1111/j.1600-0722.2004.00180.x. 
  47. Jyoti S, Shasikiran ND, Reddy VV (2009). "Effect of lactoperoxidase system containing toothpaste on cariogenic bacteria in children with early childhood caries". J Clin Pediatr Dent 33 (4): 299–303. PMID 19725235. 
  48. van Steenberghe D, Van den Eynde E, Jacobs R, Quirynen M (1994). "Effect of a lactoperoxidase containing toothpaste in radiation-induced xerostomia". Int Dent J 44 (2): 133–138. PMID 8063434. 
  49. Hannig, Christian; Hannig, Matthias; Attin, Thomas (2005). "Enzymes in the acquired enamel pellicle". European Journal of Oral Sciences 113 (1): 2–13. ISSN 0909-8836. doi:10.1111/j.1600-0722.2004.00180.x. 
  50. Kirstilä V, Lenander-Lumikari M, Tenuovo J (1994). "Effects of a lactoperoxidase-system-containing toothpaste on dental plaque and whole saliva in vivo". Acta Odontol Scan 52 (6): 346–353. PMID 7887144. doi:10.3109/00016359409029032. 
  51. Marino R, Torretta S, Capaccio P, Pignataro L, Spadari F (2010). "Different therapeutic strategies for burning mouth syndrome: preliminary data". J Oral Pathol Med 39 (8): 611–616. PMID 20701667. doi:10.1111/j.1600-0714.2010.00922.x. 
  52. Shin K, Yaegaki K, Murata T, Ii H, Tanaka T, Aoyama I, Yamauchi K, Toida T, Iwatsuki K (2011). "Effects of a composition containing lactoferrin and lactoperoxidase on oral malodor and salivary bacteria: a randomized, double-blind, crossover, placebo-controlled clinical trial". Clin Oral Investig 15 (4): 485–493. PMID 20512389. doi:10.1007/s00784-010-0422-x. 
  53. Gil-Montoya JA, Guardia-Lopéz I, Gonzaléz-Moles MA (2008). "Evaluation of the clinical efficacy of a mouthwash and oral gel containing the antimicrobial proteins lactoperoxidase, lysozyme and lactoferrin in elderly patients with dry mouth – a pilot study". Gerodontology 25 (1): 3–9. PMID 18194332. doi:10.1111/j.1741-2358.2007.00197.x. 
  54. Nagy K, Urban E, Fazwkas O, Thurzo L, Nagy E (2007). "Controlled study of lactoperoxidase gel on oral flora and saliva in irradiated patients with oral cancer". J Craniofac Surg 18 (5): 1157–1164. PMID 17912104. doi:10.1097/scs.0b013e3180de6311. 
  55. Shahdad SA, Taylor C, Barclay SC, Steeb IN, Preshaw PM (2005). "A double-blind, crossover study of Biotène Oralbalance and BioXtra systems as salivary substitutes in patients with post- radiotherapy xerostomia". Eur J Cancer Care (Engl) 14 (4): 319–326. PMID 16098116. doi:10.1111/j.1365-2354.2005.00587.x. 
  56. Matear DW, Barbaro J (2005). "Effectiveness of saliva substitute products in the treatment of dry mouth in the elderly: a pilot study". J R Soc Promot Health 125 (1): 35–41. PMID 15712851. doi:10.1177/146642400512500113. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]