La Patria Gallega (A Habana)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La Patria Gallega
PaísCuba
LugarA Habana
Lingualingua castelá
Fundación1912
Primeira edición1912
Última edición1913
Na rede
Galiciana: 577353
editar datos en Wikidata ]

La Patria Gallega foi unha revista editada na Habana entre 1912 e 1913.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulada Revista Semanal Ilustrada: Órgano de los Intereses Gallegos en La Habana, apareceu a comezos de 1912. Estaba dirixida por José Bargueiras e o administrador era Manuel Rodríguez. Ofreceu información de carácter xeral sobre acontecementos relacionados con Galicia e coas actividades do Centro Galego e o seu centro de saúde La Benéfica. Tamén había noticias chegadas de Galicia e do labor das asociacións de emigrantes. Entre os seus colaboradores figuraban Manuel Gómez Cordido, Manuel Carrillo Cortizas, Nicolás R. López e Ramón Castiñeira (outros aparecían cos pseudónimos de Jotabé, Teodoble, P. Tardo e Un fraile). En galego publicou relatos de Asieumedre (Manuel Lugrís Freire) e poemas de Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez, Salvador Golpe, Xan Labrada, Manuel Carrillo, E. Lumia e Juan Barcia Caballero. O último número coñecido é o 82, que apareceu o 27 de xullo de 1913.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]