Kirk Douglas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kirk Douglas

Issur Danielovich Demsky, tamén chamado Kirk Douglas (nado o 9 de decembro de 1916 en Amsterdam, Nova York) é un lendario actor e produtor de cine estadounidense de orixe bielorrusa. Tamén é o pai do actor e produtor Michael Douglas.

Biografía [editar]

Os seus pais eran xudeus bielorrusos e o seu nome orixinal, Issur Danielovich Demsky. Dende cativo destacou nos deportes e nas lides actorais. Graduouse en Letras na Universidade de St. Lawrence.

Logo de se graduar marchou a Nova York, onde conseguiu unha bolsa na Academia Americana de Arte Dramática, onde permaneceu ata 1939, con 23 anos. En 1941, ingresa grazas a Lauren Bacall en Broadway, pero logo é chamado ó servizo militar na mariña, que cumpre en 1942-1943, para logo regresar a Broadway.

En 1946, ós 30 anos e xa cunha certa fama colleitada en Broadway, Lewis Milestone propono como primeiro actor no filme O estraño amor de Martha Ivers, onde se revela como un actor de carácter. En 1949, interpreta un boxeador no Ídolo de Barro de M. Robson onde pola súa realista interpretación é proposto para ser recoñecido como Mellor Actor na Academia. Foi proposto en cinco ocasións para un Óscar da Academia aínda que nunca no gañou pero foi galardoado en 1996 cun honorífico pola súa dilatada carreira de 76 filmes.

Moitos filmes que o realizou son épicos pero o que máis o destaca é Espartaco de Stanley Kubrick xunto coa non menos magistral actuación do Peter Ustinov.

A súa fama é comparable á de actores como Sir Laurence Olivier e Anthony Quinn, deu a cada un dos seus films unha marca distintiva onde a forza das súas actuacións daban a cada filme renome. Ademais codirixiu varias películas e sostivo un singular preito con Kubrick pola produción dalgunhas das súas películas o que lle restou forza en Hollywood.

Interveu tanto en comedias coma en dramas e representou personaxes duros pero de fondo moi vulnerable (El ídolo de barro, M. Robson, 1949; Brigada 21, W. Wyler, 1951; Cautivos del mal, V. Minnelli, 1952; Otra ciudad, otra ley, J. Kanew, 1986; Oscar, J. Landis, 1991; Diamonds, 1999; Colegialas y Kirk, 2005). Participou en numerosas producións para televisión e en 1988 publicou a súa autobiografía (O fillo do trapeiro).

Filmografía [editar]

Ligazóns externas [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: