Juscelino Kubitschek
| Juscelino Kubitschek | |||
|---|---|---|---|
|
|
|||
| Presidente de Brasil | |||
| Período: | 31 de xaneiro de 1956 - 31 de xaneiro de 1961 | ||
| Antecesor: | Nereu Ramos | ||
| Sucesor: | Jânio Quadros | ||
| Chanceler: | {{{chanceler1}}} | ||
| Período: | |||
| Antecesor: | |||
| Sucesor: | |||
| {{{cargoexecutivo3}}} | |||
| Período: | {{{periodo3}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor3}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor3}}} | ||
| {{{cargoexecutivo4}}} | |||
| Período: | {{{periodo4}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor4}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor4}}} | ||
| Datos persoais | |||
| Nacemento: | 12 de setembro de 1902 | ||
| Lugar: | Diamantina, Minas Xerais, Brasil | ||
| Falecemento: | 22 de agosto de 1976 | ||
| Lugar: | Resende, estado de Rio de Janeiro, Brasil | ||
| Organización: | PSD | ||
| Afiliacións: | {{{afiliacións}}} | ||
| Cónxuxe: | Sara Kubitschek | ||
| Parella: | {{{parella}}} | ||
| Fillos: | {{{fillos}}} | ||
| Residencia: | {{{residencia}}} | ||
| Cargo(s): | Foi tamén alcalde de Belo Horizonte e gobernador de Minas Xerais | ||
| Alma mater: | {{{almamater}}} | ||
| Profesión: | médico e político | ||
| Relixión: | {{{relixión}}} | ||
| Sinatura: | {{{sinatura}}} | ||
| Sitio web: | {{{web}}} | ||
Juscelino Kubitschek de Oliveira, nado en Diamantina o 12 de setembro de 1902 e morto en Resende o 22 de agosto de 1976, foi presidente do Brasil de 1956 ata 1961. O seu goberno estivo marcado pola inauguración de Brasilia, a actual capital do Brasil, o 21 de abril de 1960.
Índice |
Traxectoria [editar]
Fillo do vendedor João César de Oliveira e da profesora de orixe checa Julia Kubitschek, formouse en medicina en 1927, fixo cursos complementarios en París e Berlín. Comezou a traballar como médico na policía de seu estado, onde coñeceu o futuro gobernador Benedito Valadares, que o iniciou na política en 1934 como xefe do seu gabinete. Despois foi deputado federal e alcalde (en portugués: prefeito) de Belo Horizonte. En 1950 co país redemocratizado, foi elixido gobernador de Minas Xerais. Finalmente, en 1956, foi elixido presidente do Brasil, tendo como vicepresidente a João Goulart.
O goberno como presidente [editar]
Antes de comezar o goberno, ocorreu unha tentativa de rebelión militar en Jacareacanga, cidade do estado do Pará, que non tivo éxito. Juscelino controlou a rebelión, prendeu os seus lideres e despois os amnistiou, nunha tentativa de conciliación.
As tentativas de conciliación foron unha característica do seu goberno: evitar que se radicalizasen os descontentos e rebelións. Non legalizou o Partido Comunista (que estaba na clandestinidade dende 1948) pero tamén non perseguiu os seus lideres. Para conter os descontentos da Mariña e da Forza Aérea que reclamaban melloras nos seus equipamentos, adquiriu o primeiro navío porta avións brasileiro, o Minas Gerais. Non se enfrontou as oligarquías rurais brasileiras, pero como resposta ós reclamos da reforma agraria no Nordeste brasileiro, creou a Superintendencia do Desenvolvimento do Nordeste (SUDENE). Finalmente, para crear empregos no Brasil, incentivou a instalación de fábricas de automóbiles, como a SIMCA, a Volkswagen, a DKW, a Ford e outras.
A política de implantación de industrias e crecemento económico foi sintetizada nunha frase: facer 50 anos de desenvolvemento en 5 anos de goberno, ou 50 anos en 5. A construción de Brasilia formou parte do proceso de interiorizar o desenvolvemento: abríronse estradas, como a Belém-Brasilia, para ligar pontos do Brasil á nova capital, creando novas zonas de poboación, plantacións e comercio de produtos.
No fín do seu goberno, a alta inflación foi un dos motivos da elección do seu opositor, Janio Quadros.
Despois da presidencia [editar]
Juscelino elixiuse senador polo estado de Goiás en 1962 e tiña o desexo de disputar novamente a presidencia. Pero co golpe militar de 1964 os seus dereitos políticos foron tirados polos militares, e Juscelino decidiu exilarse voluntariamente. Tentou articular no exterior a chamada fronte ampla de oposición ó golpe militar, pero non tivo éxito. En 1976 voltou ó Brasil, pero faleceu nun accidente de automóbil na Estrada Presidente Dutra (BR-116) próximo á cidade de Resende, no estado de Rio de Janeiro. Dos gobernantes do Brasil entre 1945 e 1964, apenas Juscelino e Eurico Gaspar Dutra lograron terminar os entón 5 anos de mandato presidencial. Juscelino é lembrado como un dos gobernantes mais democráticos da historia brasileira.
| Presidente de Brasil | ||
|---|---|---|
Segue a: Nereu Ramos |
Juscelino Kubitschek | Precede a: Jânio Quadros |
| PSD | ||