Juan Rufo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJuan Rufo

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Juan Gutiérrez Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1547 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Córdoba Editar o valor em Wikidata
MorteDespois de 1620 Editar o valor em Wikidata
Córdoba Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Salamanca Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , Xurado , poeta Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioJuan Rufo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosLuis Rufo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Juan Rufo Gutiérrez nado en Córdoba, 1547 circa e finado ibídem en 1620, foi un escritor e militar español, da coroa de Castela.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo dun tintoreiro de apelido Rofos. De mozo refuxiouse en Portugal por ter cometido algunhas irregularidades administrativas. Cambiou o apelido por Gutiérrez Rufo, variando o apelido do seu pai. Viviu en Toledo e Sevilla, Madrid e Nápoles. Tivo unha mocidade rebelde e aventureira, perdeu o seu tempo de estudante en Salamanca, sufriu varias detencións e tivo que loitar polas súas débedas de xogo. Con 21 anos alistouse no exército de Don Xoán de Austria e en 1568 participou na campaña militar contra a revolta dos mouriscos en Granada e posteriormente na batalla de Lepanto. A raíz destas experiencias militares, escribiu o seu poema épico La Austríada, poema de pouco valor artístico e principalmente descritivo sobre as guerras de Granada e a batalla de Lepanto, onde celebra as fazañas do seu príncipe. Non obstante, a obra foi eloxiada por Cervantes que, no escrutinio da Biblioteca do Quixote, foi considerado como un dos tres mellores poemas de cabalería casteláns e un dos máis ricos tesouros da poesía de España. Son de maior interese Las seiscientas máximas, enxeñosas meditacións moralistas en forma proverbial e anecdótica.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Rufo Gutiérrez, Juan nell'Enciclopedia Treccani". www.treccani.it (en italiano). Consultado o 2022-12-24. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]