Xosefina de Beauharnais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Joséphine Tascher de la Pagerie»)
Infotaula de personaXosefina de Beauharnais

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fr) Joséphine de Beauharnais Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento23 de xuño de 1763 Editar o valor em Wikidata
Les Trois-Îlets, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte29 de maio de 1814 Editar o valor em Wikidata (50 anos)
Rueil-Malmaison, Francia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteDifteria Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo París (1779–1814) Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncoleccionista de arte , artista , debuxante , mecenas Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1779 Editar o valor em Wikidata - 1814 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloEmperatriz
Raíña consorte Editar o valor em Wikidata
FamiliaDuc de Dalberg (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeNapoleón I de Francia (1796, 1796–1809)
Alexandre de Beauharnais (1779, 1779–1794)
FillosEugène de Beauharnais
 () Alexandre de Beauharnais
Hortênsia de Beauharnais (pt) Traducir
 () Alexandre de Beauharnais Editar o valor em Wikidata
PaisJoseph-Gaspard de Tascher de La Pagerie (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Rose Claire des Vergers de Sannois (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Tascher_de_La_Pagerie-1 Find a Grave: 7038208 Editar o valor em Wikidata

María Xosefina Rosa Tascher de la Pagerie (en francés: Marie Josèphe Rose Tascher de la Pagerie),[1] vizcondesa de Beauharnais, coñecida como Xosefina de Beauharnais, nada o 23 de xuño de 1763 na Martinica (daquela colonia do Reino de Francia) e finada o 29 de maio de 1814 en Rueil-Malmaison (Illa de Francia, Francia), crioula de nacemento, foi a primeira esposa de Napoleón Bonaparte, emperador dos franceses e, por tanto, emperatriz de Francia.

Por parte da súa filla Hortensia, foi avoa de Napoleón III, e pola do seu fillo, bisavoa dos máis recentes reis e raíñas suecos e daneses. As familias reais actuais de Bélxica, Noruega e Luxemburgo tamén descenden de Xosefina.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xosefina, chamada Rosa até coñecer a Napoleón, naceu e viviu na Martinica (Antillas Menores) até que en 1780 contraeu matrimonio en París con Alexandre de Beauharnais.

A finais de 1783 separouse do seu esposo e pouco despois regresa á Martinica, onde pon orde na economía familiar en medio da sublevación de escravos de 1791 e da Revolución Francesa. De regreso a París ese ano, chega xusto para á caída do Antigo Réxime e a instauración da Primeira República Francesa. Grazas aos seus contactos sociais coñece a Napoleón Bonaparte, con quen casa en 1796, dous anos despois de que o seu primeiro esposo fora axusticiado na guillotina.

En decembro de 1804 Xosefina é coroada emperatriz de Francia polo seu segundo e último esposo, Napoleón.[2] Pouco despois, en 1810, por no serlle posíbel darlle un fillo herdeiro a Napoleón, a parella divorciouse e Xosefina retirouse ao Castelo da Malmaison, da súa propiedade.

Xosefina morreu o 29 de maio de 1814, eloxiada polos franceses, que a chamaban l'bonne Josephine (Xosefina, a boa).[3]

Polo menos até outubro de 1779 Xosefina usou o seu primeiro nome, Rosa, ou o nome máis familiar, Yeyette. Despois do seu matrimonio con Alexandre de Beauharnais, asinaba Vizcondesa de Beauharnais ou ben Lapagerie de Beauharnais. O certificado de matrimonio con Napoleón viña asinado con M. R. J. Tascher, e de alí en adiante asinaba cos dous apelidos: Lapagerie-Bonaparte ou Tascher-Bonaparte. A partir de 1804 asinaba simplemente Joséphine, nome co que foi coroada emperatriz de Francia e col que se rexistraron os eventos legais da súa posteridade.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Encyclopædia Britannica, Inc. citado por biography.com - Joséphine de Beauharnais Biography (1763 - 1814) Arquivado 02 de decembro de 2008 en Wayback Machine. (artigo completo dispoñíbel en inglés). Último acceso 9 de setembro de 2016.
  2. Ernest John Knapton; 1963. Empress Josephine Arquivado 02 de decembro de 2008 en Wayback Machine. (en inglés). Harvard University Press. Último acceso 9 de setembro de 2016.
  3. Ernest John Knapton (revisión por Leo Gershoy) Empress Josephine (en inglés). The American Historical Review, Vol. 70, No. 2 (Jan., 1965), pp. 441-442. Publicado pola American Historical Association. Último acceso 9 de setembro de 2016.
  4. Impératrice Josephine; Correspondance, 1782-1814, Chevallier, Catinat and Pincemaille, editors (Paris: Histoire Payot, 1996), p. III. Citado por Sandra Gulland nunha carta publicada na Napoleonic Society of America. Artigo dispoñíbel na World Wide Web: [1].

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
María Antonieta de Austria
Raíña consorte dos franceses

Emperatriz consorte dos franceses

2 de decembro de 1804 - 10 de xaneiro de 1810
Sucesor:
María Luísa de Austria
Predecesor:
María Teresa das Dúas Sicilias
Princesa das Dúas Sicilias

Raíña consorte de Italia

26 de maio de 1805 - 10 de xaneiro de 1810
Sucesor:
María Luísa de Austria
Predecesor:
Novo título

Duquesa de Navarra

9 de abril de 1810 - 29 de maio de 1814
Sucesor:
Augusto de Beauharnais