Alexandre de Beauharnais
Alexandre François Marie, Vicomte de Beauharnais (1760 – 1794) foi un político e militar francés. Foi o primeiro home de Joséphine Tascher de la Pagerie, (1779) que máis tarde casou con Napoleón Bonaparte e converteuse en emperatriz de Francia.
Alexandre naceu en Fort-Royal (hoxe Fort-de-France), Martinica, onde o seu pai era gobernador.
Loitou no exército de Luís XVI na Guerra de Independencia americana, deputado da nobreza nos Estados Xerais, foi presidente da Asemblea Nacional Constituínte entre o 19 de xuño e o 3 de xullo de 1791 e de novo entre o 31 de xullo e o 14 de agosto de 1791. Nomeado xeneral en 1792, rexeitou o ministerio de guerra en xuño de 1793. Foi o xeneral en xefe do Exército do Rin en 1793.
O 2 de marzo de 1794, o Comité de Seguridade Xeral ordenou o seu arresto acusado de entregar Maguncia en 1793 e conducírono á prisión de Carmes, onde foi sentenciado a morte polo Tribunal Revolucionario e guillotinado co seu irmán Augustin na Praza da Revolución (hoxe Praza da Concordia) en París.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cunha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outras biografías que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |