José Martínez-Romero Gandos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Martínez-Romero Gandos
Biografía
Nacemento(es) José Vicente Martínez-Romero Gandos Editar o valor em Wikidata
10 de decembro de 1940 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpsicólogo Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxePilar Jeremías Cela (1967–)

Dialnet: 2015984

José Martínez-Romero Gandos, nado no barrio de San Telmo de Buenos Aires,[1] en 1940[2] é un psicólogo galego. Doutor en Psicoloxía pola Universidade da Coruña (Galiza). Na Arxentina, participou na vida cultural galega da emigración desde 1960 até o seu retorno definitivo a Galiza no 2002

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de emigrantes da Terra de Montes, licenciouse en Psicoloxía na Universidade Nacional de Buenos Aires (UNBA), e desenvolveu gran parte da súa carreira profesional aló, até a partir de 2002, se asenta definitivamente en Galiza. No ámbito profesional acadou o grao de doutor en psicoloxía pola Universidade da Coruña cunha tese sobre os galegos emigrados ó Río da Prata: "Emigración y Psicoloxía - Alteridad y alienación en los emigrantes gallegos al Río de la Plata. A súa comprensión existencial." Licenciouse en psicoloxía e na Coruña dedicouse á asistencia de inmigrantes e de mulleres vítimas da violencia doméstica.

Na Arxentina[editar | editar a fonte]

Desenvolveu na Arxentina unha dilatada actuación na colectividade galega emigrada no Río da Prata. Levou adiante en Bos Aires, por varios anos, a emisión radiofónica "Nós, os galegos. Galiza como Nación", exclusivamente dedicada a espallar música, cultura, comentarios e novidades de Galiza. Emitiuse na Provincia de Buenos Aires dende xullo de 1999, os sábados de 17 a 18 horas. Este programa conseguiu no 1999 dous premios polo labor cultural.[Cómpre referencia]

Foi presidente da Sociedad de Campo Lameiro (1990-2002), secretario de Cultura da Unión de Asociaciones Gallegas de la República Argentina (1992-1996), da que despois foi presidente (1996-1997), presidente da Asociación Arxentina de Fillos de Galegos (1967-1970) e director do Boletín “Irmáns” da Unión de Asociacións Galegas.

No 1968 organízanse en Bos Aires os Xogos Florais do Idioma Galego. Integra a súa organización como Secretario de Prensa, participando na redacción de comunicados preliminares, normas, invitacións e organización do material poético do certame.

En Galiza[editar | editar a fonte]

No 1987, xunto á súa compañeira Pilar Jeremías, fan a primeira viaxe a Galiza. No 1991 representou os seus veciños emigrados nunha visita ao Concello. No 1994 viaxou a Galiza para participar dos actos de homenaxe a Luís Seoane no Día das Letras Galegas. No 1996, con ocasión dunha viaxe a Málaga para ditar un curso sobre a familia na Universidade de Málaga, visitou Galiza nunha serie de contactos para organizar cursos de intercambio.

Co apoio da Deputación da Coruña concretou en setembro do 2000 un convenio coa Asociación de Vecinos de Monte Alto, Torre de Hércules e Atocha (AVAMATH) para iniciar o "Proxecto Esperanza".

No ano 2002, por mor da crise socioeconómica da Arxentina decide, xunto coa familia, retornar a Galiza definitivamente. Chega o 2 de decembro de 2002 e instalouse na Coruña. Dende a chegada, vencellouse ao movemento de inmigrantes residentes na Coruña e rematou a súa formación especializándose na Mediación Intercultural.

En Galiza, participou na elaboración do Proxecto Raizame (Concello de Corcubión, 2000) e do Proxecto Esperanza (Deputación da Coruña 2000/2001). Ten colaborado en Galicia e foi correspondente da páxina de Buenos Aires no xornal electrónico galego Vieiros onde publicou artigos sobre a emigración no Río da Prata.

(2006) “Comunicacións entre profesionais”, relatorio presentada no Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia, no marco da sesión formativa coa colaboración do Servizo Galego de Igualdade da Xunta de Galicia ao abeiro do Programa de Atención Psicolóxica a Mulleres Vitimas de Violencia de Xénero ou Doméstica, celebrado en Santiago de Compostela o día 2 de decembro de 2006 cunha duración de 2 horas.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Buenos Aires o 7 de xullo de 1967 con Pilar Jeremías Cela, na primeira cerimonia matrimonial en galego no mundo, celebrada na Igrexa de Santa Rosa de Lima, Bos Aires. Ten dous fillos, Federico e Guadalupe e tres netos: Sofía, Ignacio e Matías.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Aldiser, Eduardo (25 de maio de 2020). "Dr. José Martínez-Romero Gandos en Argentina Mundo / España - Logoterapeuta". argentinamundo.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2023. Consultado o 27 de novembro de 2021. 
  2. "NEW MEMBER: JOSE MARTINEZ-ROMERO GANDOS, PHD". meaning.ca (en castelán). 6 de outubro de 2020. Consultado o 27 de novembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Fernández Naval, Francisco Xosé; Respirar polo idioma: (os galegos e Julio Cortázar); 2006; Linteo; ISBN 978-84-96067-21-9.
  • Pérez-Prado, Antonio. "Los gallegos y Buenos Aires". Ediciones La Bastilla.
  • Palmás, Ricardo. "A emigración galega na Arxentina". Edicións do Castro. A Coruña. 1978.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]