José Julio Rodríguez Fernández
| José Julio Rodríguez Fernández | ||
|---|---|---|
Xeneral do Aire Rodríguez. |
||
| Datos persoais | ||
| Xeneral do Aire. | ||
| Nacemento: | Ourense, 8 de xuño de 1948. | |
| Servizo: | Exército do Aire de España dende 1969. Como XEMAD entre 2008 e 2011. |
|
| Mandos: | Estado Maior da Defensa. | |
| Título: | Xefe de Estado Maior da Defensa. | |
| Unidade: | Estado Maior da Defensa. | |
| Batallas: | Ningunha. | |
| Premios: | 4 Cruces da R. e M. Orde de S. Hermenegildo 4 do mérito aeronáutico con distintivo branco. |
|
José Julio Rodríguez Fernández, nado en Ourense o 8 de xuño de 1948, é un militar galego.
Índice |
Traxectoria [editar]
Ingresou nas Forzas Armadas de España en 1969 e ascendeu ata chegar ao posto de xeneral do aire.
O 18 de xullo de 2008 foi nomeado Xefe do Estado Maior da Defensa de España,[1] , o posto militar de maior capacidade executiva. Antes de que pasaran catro meses, o 9 de novembro dese mesmo ano, desprazouse, xunto coa Ministra de Defensa a Afganistán, a xunta dos militares españois que se atopaban alí de misión, moitos deles galegos (procedentes da base do Exercito de Terra español en Pontevedra) a recoller os restos de dous falecidos nun atentado.
Logo da vitoria electoral do Partido Popular en 2011, foi destituído o 30 de decembro dese ano.
Galería de imaxes [editar]
-
Herat, 2008. Chacón e Rodríguez acudiron a repatriar os restos de dous militares galegos falecidos.[2]
-
De visita en Cabul en 2009.
| Predecesor: Félix Sanz Roldán |
Xefe do Estado Maior da Defensa de España 2008 - 2011 |
Sucesor: Fernando García Sánchez |
Notas [editar]
- ↑ Real Decreto 1249/2008, de 18 de xullo, polo que se nomea Xefe do Estado Maior da Defensa, BOE (en castelán).
- ↑ Juan Andrés Suárez García, de orixe asturiano, afincado e destinado en Pontevedra, e o vigués Rubén Alonso Ríos.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Páxina oficial do Ministerio de Defensa (en castelán).
- Perfil na páxina da OTAN (en inglés e francés).