Podemos (partido político)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Podemos
Logotipo Podemos.svg
Dirixentes e organización
Líder Pablo Iglesias Turrión
Historia
Fundación 11 de marzo de 2014
Representación
Europarlamento
5 / 54
Outros datos
Sede Rúa Zurita, 21. 28012 Madrid
Páxina web podemos.info

Podemos é un movemento político español creado en xaneiro de 2014 e inscrito o 11 de marzo do mesmo ano[1][2] como partido no Rexistro de Partidos Políticos do Ministerio do Interior. Está liderado polo profesor de Ciencia Política e analista político Pablo Iglesias Turrión. Creouse co obxectivo inicial de concorrer ás eleccións ao Parlamento Europeo de 2014, prolongando con posterioridade a súa existencia e ampliando a súa organización en 'círculos' para acometer a acollida de novos participantes no seu proceso de medra.

Eleccións europeas de 2014[editar | editar a fonte]

Pablo Iglesias Turrión.
ano nº votos  % votos nº escanos +/–
2014 70061245948000000001.245.948 7,97 (4º)
5 / 54
novo

Nas eleccións ao Parlamento Europeo do 25 de maio 2014, Podemos acadou o 7,97% dos votos e conseguiu cinco representantes de 54.[3][4] Podemos converteuse para varios medios na "sorpresa" dos comicios.[5][6][7] Obtivo os seus mellores resultados, por enriba do 10%, en Asturias, Illas Baleares, Illas Canarias e Madrid, e os peores en Cataluña e Extremadura.

Representantes electos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Podemos

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]